|
Article on other languages:
|
∑ onde F representa as forzas que actúan sobre o corpo, m a súa masa e a a súa aceleración. As forzas, ao igual que as aceleracións, son magnitudes vectoriais. As magnitudes vectoriais represéntanse matematicamente mediante vectores. A suma na Segunda Lei de Newton é, por tanto, unha suma vectorial. Posto que as forzas soamente modifican o estado de movemento dun corpo, para que un corpo se mova non é necesario que actúe sobre el unha forza. As forzas só son necesarias para pór en movemento un corpo que está inmóbil ou para alterar a velocidade dun que está en movemento. Un corpo en movemento sobre o que non actúa ningunha forza seguirá movéndose en liña recta e a velocidade constante indefinidamente. Este feito foi recollido en forma de lei por primeira vez por Newton, na chamada Lei da Inercia ou Primeira Lei de Newton. A observación de que para manter en movemento un corpo non é necesario exercer ningunha acción sobre el era radicalmente contraria á visión clásica, defendida por Aristóteles, que postulaba que un corpo sobre o que non se exercía ningunha influencia sempre terminaba por se deter. O cambio conceptual recollido na Lei da Inercia e o concepto de forza constituíu o punto de partida do desenvolvemento da dinámica moderna e, con ela, da Física que hoxe coñecemos. O aparato que permite medir unha forza denomínase dinamómetro.
Unidades de forzaSistema Internacional de Unidades (SE)Sistema inglés
Sistema técnico de unidades (UTS)
Sistema ceguesimal (CGS)Véxase tamén
Ligazóns Externas |
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.