|
Article on other languages:
|
O estilo inclúe os conceptos de xénero, deseño, formato, e aparencia:
Definición de estilo literarioO concepto de estilo pode retrotraerse ós comezos do pensamento literario en Europa. Aparece en conexión coa retórica antes que coa poética ó entenderse na tradición clásica como técnica de persuasión ligada á oratoria. A antiga retórica distinguía entre a oratoria forénsica, política e ceremonial, e cada unha delas respondía a unha ocasión concreta e a un repertorio particular de mencanismos destinados a facer funcionar o discurso adecuadamente. Aristóteles na súa Retórica (Libro III) e Quintiliano nas súas Institucións da oratoria (Libro VIII) dan conta dos medios (o vocabulario apropiado, o tipo de sintaxe e as figuras retóricas) que poden ser utilizados para conseguir determinados efectos estilísticos. O ton desta retórica é prescritivista: proporciónanse instrucións destinadas a unha composición efectiva. Incluso Longinus, que se amosa preocupado polas fontes morais e espirituais do sublime se revela fundamentalmente interesado polas figuras de estilo polo que poden ser conseguidos. Article keywords: estilo de vida, estilo libre, estilo de muebles, casas mi estilo puerto rico, mi estilo, casas mi estilo ponce, bodas con estilo, estilo apa, manual de estilo, |
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.