|
Article on other languages:
|
A Eritrea (tigriña: ኤርትራ Ertrā, árabe: إريتريا Irītriyā) é un país africano, limitado ó norte e leste polo Mar Vermello, ó sur con Xibuti e con Etiopía e ó oeste con Sudán. Corresponde ó antigo litoral de Etiopia, da cal tornouse independente en 1993 despois dunha longa guerra.
Historia
Ao longo da historia e ata 1890, ano no que Italia delimita e coloniza o territorio de Eritrea, o territorio formara parte de varios imperios e reinos da rexión. En 1941 pasou a formar parte da administración colonial de Gran Bretaña. En 1952 entrou nunha federación con Etiopía ata que en 1962 foi declarada por esta como unha mera provincia. A resistencia actuou entón contra o estado etíope, sucedéndose diversos conflitos que se converteron en guerra aberta en 1983. Tras catro anos, e xa baixo control da Fronte Popular para a Liberación de Eritrea, en 1987 decláraselle de novo rexión autónoma. En 1993 obtén a independencia e recoñécese internacionalmente ao país. Iso non evitou os posteriores conflitos territoriais con Iemen en 1996 e con Etiopía de novo en 1997 e 2000. A intervención da ONU e o establecemento definitivo de fronteiras en abril de 2002 por resolución do Tribunal Internacional de Xustiza detivo temporalmente a guerra, pero Etiopía non aceptou aínda a resolución presentada polo Tribunal Internacional de Xustiza. Polo tanto o traballo de delimitar a fronteira non empezou e a ameaza de guerra entre os dous países aínda persiste. Divisións administrativas
Eritrea está formado por seis rexións administrativas, subdivididas á súa vez no ámbito de provincia e entidade local. Rexións
Política
Tras o referendo de abril de 1993, Eritrea proclamouse como estado independente. Establecido un goberno de transición, formáronse os órganos de goberno e administración que foron posteriormente modificados segundo a seguinte estrutura:
Xeografía
Por unha banda, ao norte do país, atópase unha prolongación do macizo etíope con alturas que alcanzan os 2.600 metros e onde se producen as maiores precipitacións de tipo tropical, asucado polos ríos Barka, o Gash e o Anseba. O Nordés está conformado por unha chaira en dirección sur, moi seca. A franxa costeira dá ao Mar Vermello con máis de 1.000 km de costa, aínda que é moi estreita. Aquí alcánzanse máximos anuais de 50º centígrados. Nesta zona atópase o deserto de Danakil e a depresión de Kobar, situada a 130 metros baixo o nivel do mar. Economía
Tras a independencia en 1993, Eritrea mantén unha economía de subsistencia similar á de moitos outros países africanos, con preto dun 80% da poboación ocupada na agricultura e a gandería, agravada polas sucesivas guerras con Etiopía. Tras a ofensiva de 2000, Eritrea tivo perdas por valor superior aos 825 millóns de dólares, con graves danos no sector agrícola, mantendo un crecemento negativo da súa economía durante tres anos. Despois do conflito, as actuacións públicas conseguiron melloras importantes en portos, aeroportos e comunicacións por estrada, aínda que se está moi lonxe de conseguir o descenso significativo da taxa de desemprego e estabilizar a economía para que sexa apetecible aos investimentos estranxeiros. No entanto, ten unha posición comercial estratéxica no Mar Vermello e os seus reservas minerais de mármore, granito, prata, cobre, cinc, ouro e sílice, son moi importantes. Demografía
Eritrea ten 4.906.000 habitantes, dos que preto de medio millón viven na capital, Asmara. Outras poboacións importantes son Assab e Keren con 70.000 habitantes cada unha, Mendefera con 66.000 e Massawa con 37.000. As linguas oficiais son o árabe e o tigriña. Outras linguas minoritarias son o tigré, afar, saho, bilén, kunama, nara e hedareb. Eritrea ten 9 etnias en total.
Cultura
Actualmente fálanse moitas linguas en Eritrea. A maioría dela proveñen de dúas grandes familias, a semítica e a cusita. As linguas semíticas de Eritrea son o árabe (falado nativamente pola etnia Rashaida), tigriña, tigré, e a recentemente recoñecida dahlik. Entre estas tres linguas; o tigriña e o tigré, son a primeira lingua de ao redor do 80% da poboación. As linguas cusitas de Eritrea son numerosas, e inclúen o afar, beya, blin e saho. Tamén se falan o kunama e nara, pertencentes á familia das linguas nilo-saharianas. O inglés úsase nun maior grao na educación, e tamén quedan algúns falantes de italiano dos tempos coloniais. A cociña de Eritrea posúe certas similitudes coas de Etiopía e o medio oriente. Véxase taménLigazón externa
Article keywords: dehai eritrea, eritrea ethiopia music, eritrea music, asmarino eritrea news, ethiopia eritrea, eritrea map, eri eritrea girl gual, eritrea eritrea ethiopia ethiopia lonely lonely planet planet, eritrea hotel, |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.