|
Article on other languages:
|
Eridanus, nome en grego antigo para o río Po, é a sexta constelación máis grande das 88 constelacións modernas. Tamén é unha das 48 constelacións de Ptolomeo.
Obxectos Notables en EridanusAchernarNo seu extremo austral está a estrela de primeira magnitude Achernar (α Eri). Achernar é unha estrela moi peculiar porque é unha das estrelas máis planas coñecidas. As observacións indican que o seu radio é case un 50% máis longo no ecuador ca nos polos. Esto debese a que a estrela rota a unha gran velocidade. Epsilon EridaniOutra estrela ben coñecida en Eridanus é Epsilon Eridani, que se ten feito moi popular na ciencia ficción porque está relativamente preto e é semellante ó Sol. Tamén sabe se que posue al menos un planeta (ver planeta extrasolar), que é un xigante gasoso, coma Xúpiter. O Superbaleiro de EridanusO Superbaleiro de Eridanus é o superbaleiro máis grande descuberto, este foi descuberto no Agosto do 2007. Dun diámetro aproximado dun billón de anos luz, é con moito o superbaleiro (ausencia de galaxias) máis grande coñecido ata o momento no universo, e representa todo un desafío a explicar polas teorías da orixe e formación do universo. Foi descuberto ligando unha mancha fría ou burato frío na radiación de fondo de microondas (Tamén denominada radiación cósmica de microondas ou radiación do fondo cósmico) cunha ausencia de radio galaxias nos datos dunha pescuda estelar no US National Radio Astronomy Observatory's Very Large Array.[1] Lánzanse tamén hipóteses de que este baleiro podería ser un Entrelazado cuántico entre o noso universo e un Universo paralelo.[2] [3] [4] MitoloxíaEridanus asociase con dous mitos gregos, ambos derivados da forma da constelación. Ás veces considerábase a Eridanus coma un río que se alimentaba das augas de Aquarius; neses casos Aquarius miraba a Eridanus (o que requiría cambiar de ángulo e a conexión entre as estrelas de Aquarius para as súas augas foran Eridanus). Eridanus relacionábase sobre todo có mito de Faetón, quen tomou o carro voador de Helios (o Sol), pero non tivo forza dabondo para controlalo, e foise en diferentes direccións. O resultado é que ás veces o carro aproximase moito á terra, creando desertos e queimandólle-la pel os humanos (un mito que explica a pel dos etíopes). Zeus interveu derribando a Faetón cun lóstrego. A constelación foi considerada orixinalmente coma parte do camiño atravesado por Faetón; despois foi considerada coma o río no que caeu. Os mitógrafos antigos discutían se se trataba do río Po ou do Nilo. Vésaxe taménCitas
Bibliografía
Outros ArtigosLigazóns externas
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.