|
Article on other languages:
|
Equuleus (latín para cabalo ou poldro) é a segunda constelación máis pequena das 88 constelacións, só superada pola Cruz do Sur. A pesar de esto e de no ser das máis brillantes (ningunha das súas estrelas supera a magnitude 4), foi unha das 48 constelacións catalogadas por Ptolomeo.
MitoloxíaEquuleus é asociado có poldro Celaris, quen foi irmán do cabalo alado Pegaso. Celaris foi regalado a Castor por Mercurio. Características notablesEquleuus non é unha constelación particularmente destacada. A súa estrela máis brillante é α Equulei (Kitalpha), de magnitude 3,92. Hai poucas estrelas variables en Equuleus. Só cerca de 25 son coñecidas, a meirande parte delas son escuras. γ Equulei é unha variable Alfa2 Canum Venaticorum, cun brillo que varía entre magnitude 4,58 e 4,77 cun período de case 12½ minutos. R Equulei é unha variable Mira cun brillo que oscila entre magnitude 8,0 e 15,7 nun período de preto de 261 días. Equuleus contén algunhas estrelas dobres de interese. γ Equulei está formada por una estrela primaria cunha magnitude de preto de 4,7 (lixeiramente variable) e unha estrela secundaria de magnitude 11.6, separadas por 2 segundos de arco. ε Equulei está formada por catro compoñentes. As tres máis brillantes son de magnitudes 6,0, 6,3, e 7,2. δ Equulei é unha estrela binaria cunha órbita periódica de 5,7 anos, este período orbital é o máis curto dos períodos orbitais para unha estrela do tipo binaria visual que se teña datado ata o momento. A separación das dúas compoñentes do sistema nunca supera os 0,35 segundos de arco. Estrelas
Táboa de estrelas
Obxectos Notables do espazo profundoDebido a que é de tamaño pequeno e a súa distancia do plano da Vía Láctea, Equuleus non contén obxectos notables de espazo profundo. Son notables as galaxias NGC 7015, NGC 7040, NGC 7045 e NGC 7046. Vésaxe taménBibliografía
Ligazóns externas
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.