|
Article on other languages:
|
En física a enerxía mecánica describe o onxunto da enerxía cinética e a enerxía potencial dun corpo. Nun sistema onde só actúen forzas conservativas, cúmprese o principio de conservación da enerxía mecánica: "en todo momento a suma da enerxía mecánica de tódolos corpos do sistema é constante", é dicir, "a enerxía mecánica non se crea nin se destrúe, simplemente transfórmase ou pasa dun corpo a outro". Isto só acontece en sistemas ideais, pois as forzas de rozamento impiden que existan sistemas conservativos puros. Inda así, hai certas condicións (ausencia de atmosfera, rozamento case nulo) en que se pode facer esta aproximación. |
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.