Dominio público

Article on other languages:

del.icio.us del.icio.us
Digg Digg
Furl Furl
Reddit Reddit
Rojo Rojo
Add to OnlyWire

Por dominio público enténdese o conxunto de bens e dereitos de titularidade pública non posuídos de xeito privativo. Un exemplo é o consistente no espazo radioeléctrico, as augas terrestres, as continentais, etc.

Outros ordenamentos xurídicos consideran que o dominio público está formado polos bens de titularidade comunitaria. Así, as comunidades de regantes, de pastos, de bosques, etc.

Ademais, estase atopando dun tempo a esta parte que por Dominio Público enténdese aquilo que carece que dono. Esta acepción non é axeitada: o que non ten dono chámase Res nullius, 'cousa de ninguén', pero non dominio público porque se non ten dono pode ser apropiado por calquera.

Acepcións especiais

Non obstante, o sentido que se lle dá a Dominio Público na Licenza de Documentación Libre GNU é o de algo que calquera pode usar, sen poder converterse no dono, pois a propiedade corresponde á Humanidade de xeito incorporado.

Tamén neste senso, os textos son de dominio público pasados 50 anos do fenecemento do autor, en concordancia co Convenio de Berna, aínda que o dito convenio recoñece o dereito ós países signatarios a ampliar o prazo da protección (en España é de 70 anos).

Dominio público nestes casos adoita abreviarse como PD ('Public Domain').

Véxase tamén

Ligazóns externas

This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.