|
Article on other languages:
|
O diamante é unha forma cristalizada do elemento químico carbono. É, polo tanto, un mineral da clase dos elementos navitos cuxa fórmula química é C.
AspectoO diamante preséntase en forma de cristais incoloros octaédricos ou cúbicos de brillo adamantino aínda que a miúdo pódense atopar diamantes de cores variadas (branca, amarela, parda, vermella, verde ou azul). Lugares onde se atopaAs rexións máis ricas en diamantes son a India, Brasil e Sudáfrica, pero as características do terreo onde estes se atopan son distintas en cada zona. Na India, por exemplo, encóntranse principalmente en terras con propiedades areosas e en conglomerados antigos, probablemente silúricos (pertencentes ó segundo período da era primaria) e en masas dos ríos. No Brasil, no estado de Minas Xerais, os diamantes atópanse nunha rocha formada en gran parte por cuarzo e mica. Pola contra, nos estados de Bahia, Goiás e Mato Grosso atópanse en depósitos soltos de aluvións e nas areas dos ríos. En Sudáfrica as condicións son distintas. O diamante atópase nas areas dos ríos e en depresións crateriformes do terreo, cheas dunha terra de cor parda na superficie e azul grisácea na súa parte máis profunda, constituída por partículas dunha rocha eruptiva análoga á serpentina procedente da descomposición da olivina: a kimberlita. EstruturaA dureza do diamante, vén dada grazas os enlaces entre os átomos de carbono (un dos enlaces máis fortes en química) e a súa disposición tridimensional no espazo en forma de pirámide. Se nos fixamos ben (ver imaxe da esquerda) e poñemos calquera dos seus lados como base da pirámide, poderemos contar os átomos de carbono por capas tendo na primeira 1, na segunda 4 e na terceira 9. Nesta forte estrutura a distancia entre dous carbonos é de 0,15 nanómetros. PropiedadesCon dureza 10 na escala de Mohs é o material máis duro coñecido na natureza. Usos do diamanteO diamante é o mineral máis apreciado no mundo da xoiería polo seu inconfundible brillo que presenta unha vez tallado. Debido á súa dureza un diamante só pode ser tallado por outro diamante. É moi importante tamén na industria. Moitas actividades serían moi difíciles de levar a cabo se non existira o diamante posto que é, grazas á súa dureza, un material altamente abrasivo moi útil na fabricación de discos e moas para pulir outras ferramentas. Os diamantes utilizados para tal fin son os diamantes de menor calidade (os que presentan burbullas ou impurezas no seu interior e que non poden ser utilizados na xoiería). Outros elementos nativosExisten outros minerais formados exclusivamente por un só elemento. Algúns deles son: O xofre (S), o cobre (Cu), o ouro (Au) e a prata (Ag). Tamén o grafito é un elemento navito formado, do mesmo xeito co diamante, unicamente por átomos de carbono (C). Véxase tamén
Article keywords: diamante poem, de diamante sangre, example of diamante poem, de diamante sangre torrent, diamante poetry, el diamante high school, camino real acapulco diamante, abrasivo cbn diamante, coleccion diamante, |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.