Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de Setembro
Cygnus (o cisne) é unha constelación do hemisferio norte que atravesa a Vía Láctea. Dado o patrón das estrelas principais, ás veces é coñecida coma a Cruz do Norte (en contraste coa Cruz do Sur). Contén a Deneb, unha estrela de primeira magnitude e un grupo de seis estrelas que forman a Cruz do Norte.
α Cygni (Deneb), a estrela máis brillante da constelación con magnitude aparente 1,25, é unha estrela superxigante branco-azulada. Moi alonxada de nós, non se coñece a súa distancia con exactitude, podendo estar entre 1600 e 3200 anos luz. O seu brillo ten que ser extraordinario, cunha luminosidade entre 60.000 e 250.000 soles.
16 Cygni, sistema triplo composto por dúas ananas amarelas semellantes ó Sol, e unha anana vermella: descubriuse un planeta extrasolar ó redor dunha das estrelas amarelas.
GalaxiaNGC 6946, no límite coa constelación de Cepheus, onde se teñen observado varias supernovas.
Historia e mitoloxía
Cygnus e Lyra.
Na mitoloxía grega, a constelación representaba varios cisnes lexendarios. Así, Zeus disfrazouse de cisne para seducir a Némesis, da que, segundo algunhas versións, naceu Helena de Troia.
Orfeo foi transformado en cisne trala súa morte, e diciase que fóra posto no firmamento xunto coa súa lira (Lyra).
Finalmente, contase que un rei de nome Cicno que era un parente ou amante de Faetón. O fillo de Apolo, Faetón, enganou ó seu pai permitíndolle montar no carro do Sol, pero perdeu o control e foi abatido por Zeus. Despois da morte de Faetón, Cicno mergullouse no río Erídano para atopalo. Fixóo tantas veces, que foise transformado no cisne Cygnus, e hoxe é visible no ceo.
Por otra parte, Cygnus, xunto a outras constelacións no signo zodiacal de Sagitario (en concreto Lyra e Aquila, xunto á propia Sagittarius), poden ter un papel significativo na orixe do mito dos Paxaros do Estínfalo, unha das doce tarefas de Hércules.