Costa do Marfil

Article on other languages:

del.icio.us del.icio.us
Digg Digg
Furl Furl
Reddit Reddit
Rojo Rojo
Add to OnlyWire
Bandeira da Costa do Marfil
(Imaxe Ampliada) (Imaxe ampliada)
Location of Cote d'Ivoire
Lingua oficial Francés
Capital
Yamousoukro (oficial)
Abidjan (de facto)
Coordenadas da capital 6° 51' N, 5° 18' W
Maior cidade Abidjan
Presidente Laurent Gbagbo
Área
- Total
- % auga
67º
322.460 km²
1.4%
Poboación
- Total (est.2005)
- Densidade
57º
17.298.040
53/km²
Independencia
- Declarada
- Recoñecida
de Francia
7 de agosto de 1960
(Ano)
Moeda Franco CFA
Fuso horario UTC
Himno nacional L'Abidjanaise (Canción de Abidjan)
TLD (Internet) .CI
Código telefónico 225

A Costa do Marfil é un país africano, limitado ao norte polo Malí e por Burkina Faso, ao leste polo Gana, a sur polo Océano Atlántico e a oeste pola Liberia e pola Guinea. Capital: Yamousoukro.


Índice

Historia

A Costa do Marfil foi colonia francesa ata o 1960 en que obtivo a independencia.

Entre 2002 e 2004 o país viviu unha Guerra civil: O norte rebelouse. 10.000 cascos azuis da ONUCN (Forza de Paz da ONU na Costa do Marfil), entre eles 4600 soldados franceses, foron posicionadas entre os belixerantes.

O seu presidente-fundador foi Félix Houpbouët-Boigny ata 1993. Os seus sucesores foron, por orde :

  • Robert Guéï, que foi asasinado logo dun golpe encabezado polo Movemento Patriótico da Costa do Marfil en 2002.

Organización político-administrativa

Costa do Marfil está dividida en 19 rexións (régions) e 58 departamentos (départements). As 19 rexións son as seguintes:

  1. Agnéby
  2. Bafing
  3. Bas-Sassandra
  4. Denguélé
  5. Dix-Huit Montagnes
  6. Fromager
  7. Haut-Sassandra
  8. Lacs
  9. Lagunes
  10. Marahoué
  11. Moyen-Cavally
  12. Moyen-Comoé
  13. N'zi-Comoé
  14. Savanes
  15. Sud-Bandama
  16. Sud-Comoé
  17. Vallée du Bandama
  18. Worodougou
  19. Zanzan

Xeografía

Artigo principal: Xeografía de Costa do Marfil.
Imaxe satelital de Costa do Marfil, xerado desde un gráfico rasterizado provisto por The Map Library.
Mapa de Costa do Marfil

Costa do Marfil ofrece unha gama variada de paisaxes, desde a sabana desértica ao norte ata a selva virxe. O límite sur márcano extensas praias. Esta zona, máis chuviosa, caracterízase polas grandes plantacións de produtos de exportación: café, cacao e banana. No norte a paisaxe vese conformado por unha meseta granítica recuberta de sabanas. Nesta área pequenos propietarios cultivan sorgo, millo e maní.

Economía

Artigo principal: Economía de Costa do Marfil.

Mantendo lazos próximos con Francia desde a independencia en 1960, a diversificación da agricultura para a exportación, e o estímulo dos investimentos estranxeiros, fixo de Costa do Marfil un dos países tropicais africanos máis prósperos. No entanto, en anos recentes Costa do Marfil viuse suxeita a máis competencia e o descenso dos prezos no mercado global dos seus cultivos agrícolas principais: café e cacao. Isto, xunto cunha alta corrupción interna, fai a vida difícil para os cultivadores e eses que exportan a mercados estranxeiros.

Demografía

No ano 2007, Costa do Marfil ten unha poboación de 18.000.000 habitantes. A esperanza de vida é de 49 anos. A media de fillos por muller é de 4.43. O 50.9% da poboación esta alfabetizada. Calcúlase que o 7.0% da poboación esta infectada co virus de VIH (SIDA). Desde que se estabeleceu como unha das nacións mais prósperas economicamente de África occidental que cerca de 20 % da sua poboación consiste en traballadores das viciñas Liberia, Burkina Faso e Guinea. Este feito ten orixinado permanentemente unha tensión crecente en anos recentes, principalmente debido ao feito de que grande parte destes traballadores son musulmáns, encanto que a poboación natural da Costa do Marfil é, esencialmente cristián (principalmente católica romana) e animista.A principal etnia é o pobo Baulé, con presenza na maior parte das zonas centrais.

O 4% da poboación é de orixe non africana. Hai moitos cidadáns franceses, britanicos, e españois. Hai aínda unha minoria de misioneiros protestantes norteamericanos e canadianos.

Ultimamente, cerca de 50.000 franceses e outros europeos sairon da Costa do Marfil debido a fortes tensións políticas.

Cultura

Data Nome en galego Nome local Observacións

Ver tamén



Países do mundo | África
Alxeria | Angola | Benín | Botsuana | Burkina-Faso (Ex-Alto Volta) | Burundi | Cabo Verde | Camerún | Chad | Cimbabue (Zimbabwe) | Comores | Congo | Costa do Marfil | Eritrea | Etiopía | Exipto | Gabón | Gambia | Gana | Guinea | Guinea-Bisau | Guinea Ecuatorial | Lesoto | Liberia | Libia | Madagascar | Malaui | Malí | Marrocos | Mauricio | Mauritania | Mozambique | Namibia | Níxer | Nixeria | Quenia | República Centroafricana | República Democrática do Congo (ex-Zaire) | República Sudafricana (África do Sur, Sudáfrica) | Reunión | Ruanda | San Tomé e Príncipe | Seixeles | Senegal | Serra Leona | Somalia | Suacilandia | Sudán | Tanzania | Togo | Tunisia | Uganda | Xibutí | Zambia
Outros territorios

Canarias | Ceuta | Madeira | Mayotte | Melilla | Illa de Reunión | Sáhara Occidental

Article keywords: costa marfil,

This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.