Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de Agosto
Corona Australis ou Corona Austrina (do latín Coroa do Sur) é unha das 48 constelacións nomeadas por Ptolomeo no século II, e tamén unha das 88 constelacións modernas.
É unha constelación pequena característica dos ceos do sur que está practicamente integrada a Sagittarius, bordeándoa polo norte e oeste. No leste e sur ten as constelacións de Scorpius e Telescopium respectivamente. Debaixo do arqueiro vese un pequeno semicírculo de estrelas de magnitude 4 e 5, a Coroa Austral.
NGC 6541. Cúmulo globular a 15.000 anos luz do Sol que, visto cun telescopio pequeno, presenta un pequeno disco nebuloso. AR: 01h 44m 06.0s Dec: +61°53'00" (Época 2000).