|
Article on other languages:
|
O concello ou municipio é, nas as súas diversas formas, e baixo diferentes designacións, a estrutura básica de administración local en moitos países do mundo. Con orixes diferentes, consoante as tradicións locais, os concellos modernos teñen, porén, bastantes pontos de contacto na súa estrutura e competencias. En xeral, poden distinguirse tres tipos de concellos:
Nalgúns países e nalgunhas subdivisións doutros países (como algúns estados norte-americanos), estes diferentes tipos están separados por lei, constituíndo diferentes unidades administrativas. Noutros, como en Portugal e España, todos os concellos son iguais ante a lei, aínda que por mor da súa poboación ou características estean suxeitos a un distinto trato financeiro, electoral, etc. (achegas doutras administracións, número de concelleiros elixibles, estatutos de capitalidade, áreas metropolitanas, etc).
Municipalidade como entidades de primeiro nivel
Os concellos en EspañaO goberno e a administración autónoma do municipio correspóndenlle ao Concello, integrado polo alcalde e polos concelleiros. Estes últimos son elixidos mediante sufraxio universal, igual, libre, directo e secreto, por períodos de 4 anos. O alcalde é elixido polos concelleiros en sesión plenaria, ou directamente polos veciños en certos casos contemplados na lei. Os órganos que integran a organización municipal son os seguintes: Pleno. Formado polo conxunto de concelleiros electos, presididos polo alcalde e asistidos polo secretario. O alcalde desempeña as funcións de dirección do goberno e da administración municipal, así como as demais atribucións que lle outorga a vixente lexislación e, entre elas, a organización das áreas que integran o goberno municipal e dos departamentos, servizos e outros entes que constitúen a administración municipal. Tamén é atribución do alcalde a representación do Concello, sen prexuízo da súa posible delegación. Nos casos de vacante, ausencia ou enfermidade, será substituído polos tenentes de alcalde na orde e coas competencias que se deriven do seu nomeamento. Tenente/s de alcalde. Substitúe o alcalde en caso de ausencia ou enfermidade, función que realiza de forma independente á competencia que lle corresponda na área como edil. A xunta de goberno é o órgano que ten como atribución propia e indelegable a asistencia permanente ao alcalde no exercicio das súas funcións. Así mesmo, exercerá as competencias que lle deleguen o alcalde e o pleno municipal, cando teñan este carácter. Está integrada polo alcalde, que a preside, e polos concelleiros nomeados libremente por el como membros dela, que son asistidos nas súas reunións polo secretario xeral da corporación. Comisións informativas. Estudan aqueles asuntos que son relevantes para o municipio e pásanlle, posteriormente, un informe ao pleno municipal, para a súa aprobación. A nivel particular, cada un dos concelleiros que integran a xunta de goberno mantén unha serie de competencias municipais propias con respecto á área da súa responsabilidade. Ver taménMunicipios brasileirosPara relación de municipios brasileiros, vexa Municipios brasileiros Municipio é a menor unidade político-administrativa no Brasil, estando abaixo das Unidades Federativas (UF ou Estado). Posúe apenas dous Poderes: o Executivo (Prefeitura) e o Lexislativo (Cámara de Vereadores). Xeralmente un municipio é composto dunha cidade, a súa sede, e viciñanzas rurais. Mais tamén presentase na forma de varios núcleos urbanos dentro do mesmo territorio municipal. Cando temos cidades que se desenvolveron moito e aproximaron doutros municipios, damos o nome de Rexión metropolitana. En especial acontece coas capitais dos estados. É o municipio que cuida diretamente de varios aspectos prácticos da vida da poboación, como rexistro de imobeis, de logradouros públicos menos importantes (ruas), asfaltamento de ruas, fiscalización do tránsito nos logradouros baixo a súa xurisdición, mais a lexislación do tránsito é federal. Prové tamén o ensino básico nas súas escolas. Mantén postos de saúde para a súa poboación. Controla e fiscaliza o transporte público municipal (táxis, onibus urbano, vans). Prové e/ou fiscaliza a coleta de lixo domiciliar. Controla e fiscaliza as feiras libres. As subdivisións políticas do municipio (distritos) son órgaos sometidos ao poder da prefeitura. Un municipio é dividido en barrios dentro dunha mesma rexión. Pode tamén presentar sub-prefeituras, decentralizando a administrazón no día a día. En todo caso, o poder político executivo é exclusivamente do Prefeito, sendo todos os outros auxiliares da súa indicación (cargos de confianza). O municipio non posúe forza policial armada, mais posúe a guarda municipal, que en xeral non usa armas de fogo. No Brasil, o deseño dos limites municipais raramente coincide cos limites urbanísticos, naturais ou culturais dunha cidade, atendendo primariamente a intereses políticos de oligarquías locais. Basta tomar como exemplo que a cidade (mancha urbana) do Río de Xaneiro ten extensión territorial totalmente desconexa do município do Río de Xaneiro; encanto aquela se expande para outros municipios limítrofes, este inclui aglomeracións fisicamente separadas, como a Barra da Tixuca. O proceso de emancipación municipal no Brasil sofreu forte revés despois de 1996, ano en que unha lei aprobada no Senado Federal ampliou os requisitos necesarios para a creación de novos municipios. Atualmente, o Brasil posúe 5.560 municipios en 26 Estados máis un DF (Distrito Federal); O maior municipio do Brasil é San Paulo, que posúe 1522,986 km² e unha poboación de 10.927.985 de habitantes (Proxeción de 01/07/2005). Fonte: IBXE - Instituto Brasileiro de Xeografía e Estatística Municipios portuguesesOs 308 municipios portugueses (autarquías locais) corresponden, en territorio, aos chamados concelhos, que son a subdivisión territorial máis consistente que o país tivo ao longo dos seus 800 anos de historia. Con orixe nas cartas de foral que os reis atribuían a certas terras e aos territorios limítrofes, o tipo de administrazón dos municipios/concellos foi variando substancialmente ao longo do tempo: foronse criando uns, extinguindo outros, foron variando as súas competencias e nalgúns o territorio, mais os municipios/concellos permaneceron. Hoxe, os municipios son xeridos por unha Cámara Municipal, órgano executivo, e teñen unha Asemblea Municipal, que é o órgano deliberativo. A Cámara é o órgano executivo que trata do goberno e dos asuntos correntes do municipio. Consonte a poboación do concello, a cámara municipal pode ser constituida por un número de vereadores ímpar entre 5 e 17 (en Lisboa), elexidos por sufragio directo e universal en listas, partidarias ou non. O executivo é representativo, incluindo tipicamente vereadores elexidos por varias listas. A Asemblea é o "parlamento" do municipio, cuxa competencia principal é a fiscalización da actividade da cámara municipal. Parte dos seus membros, en número que varía coa poboación do concello e tamén co número de freguesias, é elexida por sufragio directo e universal en listas que poden, ou non, ser partidarias, e a outra parte é composta por membros por inerencia: os presidentes das xuntas de freguesía do concello. Ver taménMunicipios noutros paísesMunicipalidade como entidades de segundo nivel
Article keywords: concello curtis de l, concello mesia xanceda, |
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.