Esta constelación foi inventada no século XVIII, e foi inserida por Nicolas Louis de Lacaille, quen tiña unha fascinación pola ciencia secular, de onde sacou numerosos nomes para as constelacións. Dado que é unha creación do século XVIII, non foi visible para as culturas do Mediterráneo, polo que non existe mitoloxía anterior ó século XVIII asociada con esta constelación.