Cibeles

Article on other languages:

del.icio.us del.icio.us
Digg Digg
Furl Furl
Reddit Reddit
Rojo Rojo
Add to OnlyWire
Bronce representando a Cibeles, século I a.C.

Cibeles, unha deusa de orixe frixio, foi asimilada polos romanos á grega Rea.

Índice

Historia.

En orixe, esta deusa frixia encarnaba a fertilidade, e en certo modo, á natureza en estado salvaxe. Os romanos trouxéronna no 204 a.C. porque un profeta adviritu, que, se non lle rindían Culto, perderían as Guerras Púnicas contra Cartago.

Cibeles, como Rea e polo tanto esposa de Saturno, vendo que o seu marido devoraba tódolos seus fillos para evitar que ningún deles o destronase, e seguindo o consello da súa nai, Gaia, esconde o seu fillo Xúpiter e lle da en troques unha pedra envolta cas roupas do bebé, logrando así salvalo.

Símbolos.

Os seus animais protexidos eran o león e as abellas. Represéntase especialmente sentada nun trono e acompañada de dous leóns, que simbolizan a natureza salvaxe.

Xenealoxía.

Cibeles é filla de Urano e Gaia, o ceo e a terra, respectivamente.Na súa asimilación a Rea, e esposa de Saturno e nai de Ceres, Vesta, Xuno, Neptuno, Plutón e Xúpiter.

Culto.

Dende as súas orixes frixias, Cibeles era moi coñecida e venerada no mundo antigo. Contábase que podía curar as enfermidades (ou incluso provocalas), polo que era considerada protectora do seu pobo durante a guerra. Era adorada no monte Dyndimo, onde se atopaba a rocha que a representaba, caída segundo a lenda directamente dos ceos. Este monte atopábase na gran cidade comercial de Pessino, mencionada polo xeógrafo e historiador latino Estrabón.

Article keywords: plaza de cibeles, la cibeles,

This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.