Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de Maio
Centaurus, o centauro, é unha extensa constelación que se atopa ó norte de Crux e no extremo norte da Vía Láctea. Rodea a Cruz do Sur formando unha das máis ricas e fermosas constelacións do ceo.
β Centauri (Hadar ou Agena), segunda estrela máis brillante da constelación con magnitude 0,61 e a undécima máis brillante do ceo. É unha xigante azul a 525 anos luz de distancia, ten unha compañeira difícil de observar.
γ Centauri, estrela dobre visual cunhas compoñentes que son dúas estrelas brancas de igual brillo. Para a súa visualización requírese un telescopio de coma mínimo 15 centímetros de apertura.
θ Centauri (Menkent), con magnitude 2,06 é a terceira estrela máis brillante da constelación. A diferencia doutras estrelas da constelación que son branco-azuladas, Menkent é unha xigante laranxa a 61 anos luz da Terra.
ι Centauri, estrela branca de magnitude 2,75 a 59 anos luz do noso planeta. O igual que Vega, posúe un disco circumestelar ó seu redor.
κ Centauri, estrela branco-azulada cunha feble compañeira de magnitude 11 a 3,9 segundos de arco.
NGC 5253. AR: 13h 39m 54.0s Dec: -31°39'00" (Época 2000). Galaxia brillante.
NGC 5128. AR: 13h 25m 30.0s Dec: -43°01'00" (Época 2000). Galaxia xigante. A súa magnitude é 7. É ademais unha poderosa fonte de radio chamada Centaurus A.
Crono, tentou seduci-la súa sobriña, a ninfaFílira. Ela, para escapar do seu acoso, transformouse en egua, pero Crono, astutamente, converteuse en cabalo e uniuse a ela. Desta unión naceu Quirón, con corpo e patas de cabalo pero torso e brazos de home.
Quirón foi abandonado polos seus pais e viviu no monte Pelión. Educou a grandes heroes coma Aquiles, Asclepio e Xasón. Foi ferido accidentalmente por Heracles cunha das súas frechas envelenadas có sangue da Hidra. Quirón, ó ser inmortal, non morreu pero tampouco podía sanar, ata que intercambiou con Prometeo a inmortalidade. Noutra versión, sen embargo, a frecha que feriu accidentalmente a Quirón produciulle directamente a morte e Zeus colocouno entre as constelacións.
Véxase tamén
Outros artigos
Para as referencias ó ser mitolóxico ir a : Centauro.