Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de Novembro
Esta constelación do norte ten coma característica inconfundible a súa forma de M ou W. Ó ser tan doado o recoñecela é moi usada para busca-lo Norte cando a Osa Maior non é visible.
IC 10 galaxia anana cun burato negro denominado IC 10 X-1 (desc. 2007)
A constelación de Cassiopeia
Mitoloxía
Casiopea é a nai de Andrómeda e muller de Cefeo, rei de Etiopía. A raíña Casiopea facía fachenda da beleza da súa filla e comparábaa coas Nereidas, fillas do deus do mar Nereo. Estas, indignadas por tal atrevemento, pedíronlle a Poseidón vinganza e el coma resposta enviou ó monstro mariño (Cetus) ás costas do país causando grandes males.
Para enfrontarse a esta situación, Cefeo consulta ó oráculo de Amón, quen aconsellou sacrificar a Andrómeda colocándoa atada a unha rocha nun acantilado para que fora vítima do monstro.
Así, Andrómeda é ofrecida a Cetus. Perseo, que viña de regreso da súa viaxe despois de derrotar a Medusa, divisou á vítima e no acto namorouse dela. Propusolle ó rei liberala, a cambio de que se lle concedese a súa man; Perseo mata ó monstro e posteriormente casase con Andrómeda.