O banco de Cargados Carajos (tamén coñecidas coma as Rochas San Brandón ) son un grupo de 16 pequenas illas e illotes nun arrecife situadas no Océano Indico , o noreste das Illas Mauricio . As illas teñen un área total de terra de 1,3 km2 . O arrecife mide máis de 50 kilometros de norte a sur e 5 kilometros de ancho, cortado por tres pasos ; en total o área do arrecife abarca 190 km2 . As illas teñen unha pequena poboación , conformada maioritariamente por nativos e posúe unha rica fauna e flora. O arrecife de Cargados Carajos dependen administrativamente das Illas Mauricio aínda que están situadas a máis de 300 km o extremo sur , polo tanto están administradas dende a súa capital Port Louis . As illas son parte das Illas Mascareñas.
Lista das illas
O atol que dá orixe aos baixios e illas que forman o grupo ten o seu borde mais elevado do lado oeste. É ao longo dese lado do atol donde están os diversos illotes e rochedos que constituen as illas Cargados Carajos. Dun total de cerca de 40 illotes e rochas, de norte a sur, estes son os principais: