|
Article on other languages:
|
Para outros significados de capital véxase capital (homónimos) Unha capital é unha cidade que desempeña un papel relevante na condución da política dun país. Na maioría dos casos a capital é a cidade onde está a sede do goberno, habendo no entanto excepcións. Algúns dos factores que determinan que unha cidade sexa considerada capital inclúen:
Un país (ou entidade política equivalente) pode ter máis que unha capital oficial ao mesmo tempo. Pode ser ou non a sede do goberno e pode mesmo mudarse periodicamente. Na África do Sur, por exemplo, a capital administrativa é Pretoria, a capital lexislativa é a Cidade do Cabo e a capital xudicial é Bloemfontein. Esta é unha herdanza deixada polo compromiso acordado entre a maioría das diferentes províncias cando foi creada a Unión da África do Sur en 1910. Fronte a isto, unha forte cidade economicamente é Xohanesburgo, e turisticamente Durban xunto a Cidade do Cabo. En Chile, o congreso nacional mudouse para a cidade de Valparaíso, manténdose no entanto Santiago do Chile como capital. Nos Países Baixos, o goberno, xefe de estado e supremo tribunal están situados na A Haia, mais a constitución determina que a capital oficial sexa Amsterdam. Outro país con capitalidade múltiple é o Canadá, con Ottawa e Montreal. Outras cidades poden ser consideradas capitais económicas ou culturais, pola súa enorme forza fronte á capital política, pero non ter recoñecemento oficial: é o caso de Rio de Janeiro ou Sao Paulo fronte a Brasilia ou Barcelona fronte a Madrid. |
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.