α Canis Majoris (Sirio), a estrela máis brillante vista dende a terra con magnitude -1,46. Ó redor orbita, cun período de 50 anos, unha estrela do tipo anana branca chamada Sirius B descuberta por Alvan Clark.
δ Canis Majoris (Wezen), a terceira máis brillante da constelación con magnitude 1,83, é unha estrela superxigante amarela, unha das máis masivas que se poden apreciar a simple vista.
M41 (NGC 2287). AR: 06h 46m 00.0s Dec: -20°44'00" (Época 2000). Cúmulo aberto de preto de 80 estrelas brillantes a 4º ó sur de Sirio, visible a simple vista.
NGC 2362. AR: 07h 18m 48.0s Dec: -24°57'00" (Época 2000). Cúmulo aberto composto por unhas 60 estrelas; apreciase coma unha nebulosidade ó redor da máis brillante delas, τ Canis Majoris.
Hai diversas identificacións que se propuxeron para o Can Maior:
Un can que lle agasallou Zeus a Europa, que pasou a varias xeracións posteriores ata que se converteu no can de Céfalo. Durante a persecución da Raposa de Teumeso, foi convertido por Zeus en pedra e logo colocado entre as constelacións.
O can de Orión, catasterizado á vez có seu amo posto que sempre estivera ó carón del.
A cadela Mera, de Icario e Erígone. Atopou os corpos sen vida dos seus amos e cós seus laios atraeu á xente para que lles deran sepultura. Dioniso púxoa entre as constelacións.
Sirio, nome significa abrasador, chamada a estrela can, é a máis brillante do firmamento só superada en brillo aparente pola Lua e os planetas Venus, Xúpiter e Marte. Debido a que durante o verán é invisible, pensábase entón que a súa enerxía se lle sumaba a do sol para produci-los días máis calorosos ou días de can (sol canicular).