|
Article on other languages:
|
Camelopardalis, a xirafa, é unha gran constelación do hemisferio norte celeste moi pouco conspicua, pois as súas estrelas máis brillantes (sete) son tan só de magnitude 5. Está situada entre as constelacións de Auriga e as dúas Osas. O nome de Camelopardalis provén de "camelo-leopardo", nome que lle puxeron os gregos á xirafa, xa que pensaban que tiña a cabeza dun camelo e as manchas dun leopardo. Foi inserida coma constelación por Petrus Plancius e publicada por Jakob Bartsch no 1624 no seu libro sobre as constelacións.
Estrelas principais
Obxectos Notables do espazo profundo
HistoriaCamelopardalis non posúe mitoloxía asociada ás súas estrelas, tratase pois dunha constelación moderna. A pouca vistosidade da constelación, e que estea preto da constelación de Lynx, levou os gregos a considerar esta área do firmamento coma bacía, e deste xeito véndoa coma un deserto. Sen embargo, coma deserto, xunto con outras propiedades no Zodíaco no signo de Xémini (p.e. a Vía Láctea, e as constelacións Gemini, Orión, Auriga, e Canis Major), poderían se-la orixe do mito do gando (ou rabaño) de Geryon, que forma parte das Doce Tarefas de Herakles. Visualización GráficaAs estrelas da constelación Camelopardalis poden ser conectadas dun xeito máis completo, no cal amosa graficamente unha xirafa.
As estrelas HD 42818 (HR 2209) e M Cam forma a cabeza da xirafa, e as estrelas M Cam e α Cam forman o longo pescozo da xirafa. As estrelas β Cam e 7 Cam forman a perna de diante, e as estrelas variables BE Cam e CS Cam forman a perna traseira da xirafa. Véxase taménLigazóns externas
Article keywords: camelopardalis constellation, |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.