Poll without page-refresh
Article on other languages:
Caelum (o buril , cincel ou ceo, en latín ) é unha constelación menor do hemisferio sur, introducida por Nicolas Louis de Lacaille que se atopa entre Columba e Eridanus . Representa un cincel, instrumento para traballar metais , pedra e outros materiais.
Caelum é unha constelación de pouca relevancia, sen ningunha estrela por riba da cuarta magnitude . É a oitava constelación máis pequena do firmamento, cunha área lixeiramente inferior á da Corona Australis . Ten pouco que ofrecer para o astrónomo afeccionado , pódese destacar γ Caeli , binaria óptica que se pode ver cun pequeno telescopio .
Estrelas principais
α Caeli , a estrela máis brillante da constelación con magnitude 4,44 é unha estrela binaria formada por unha estrela branco-amarela e unha feble anana vermella de magnitude 12,5. Ambas compoñentes están separadas 6 segundos de arco .
β Caeli , estrela branco-amarela de magnitude 5,04 de características moi similares á compoñente máis brillante de α Caeli.
γ Caeli , denominación compartida por dúas estrelas distintas. γ1 Caeli , de magnitude 4,55 e é a segunda estrela máis brillante da constelación, e tamén é unha xigante laranxa a 185 anos luz . γ2 Caeli , tamén chamada X Caeli , é unha estrela variable Delta Scuti que se atopa a 334 anos luz.
RV Caeli , xigante vermella e variable irregular cun brillo que oscila entre magnitude 6,44 e 6,56.
Obxectos Notables do espazo profundo
Véxase tamén
Ligazóns externas
Imaxe da constelación de Caelum.
Article keywords: caelum et terra, caelum creavit deus principio, caelum fero in,