Cabalo

Article on other languages:

del.icio.us del.icio.us
Digg Digg
Furl Furl
Reddit Reddit
Rojo Rojo
Add to OnlyWire
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Cabalo (homónimos).
Besta rinchando
Cabalo andaluz

O cabalo (ou egua, usado para as femias) é un animal mamífero perisodáctilo da familia dos équidos, herbívoro, cuadrúpede e de pescozo longo e arqueado.

Índice

Orixe

Orixinalmente domesticado nas estepas do leste de Asia, a súa grande utilidade e alto valor militar propiciou que fose adoptado en toda Eurasia entre os anos 2.500 e 2.000 adC. Os exploradores europeos que invadiron América no século XVI levárono consigo, logrando a súa adopción tanto polos pobos nativos coma nos asentamentos europeos.

Aires

Chámanselle aires aos diferentes xeitos de se desprazar que ten un cabalo. Fundamentalmente son 3:

  • Paso: aire moi lento, moi cómodo de cabalgar.
  • Trote: aire intermedio no que o cabalo avanza máis axiña cánsandose menos que a galope
  • Galope: o aire máis rápido, mais o cabalo esgótase máis axiña ao non ter independencia respiratoria.


O cabalo na cultura popular

Ver artigo principal: o cabalo na cultura popular

Refraneiro

  • A besta e a muller, que a preste quen quixer.
  • A besta leva ben a carga, mais non a sobrecarga.
  • A cabalo alleo, espora propia.
  • Cabalo alleo non come nin se cansa; e se se cansa moito, alá o seu dono.
  • No pisar coñécese ó cabalo, e o cabaleiro no gobernalo.
  • O que ten besta e anda a pé máis besta é.

Galería de imaxes

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:


Ligazóns externas

This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.