|
Article on other languages:
|
O baloncesto é un deporte colectivo inventado en 1891 polo profesor de Educación Física James Naismith, na Asociación Cristiá de Mozos de Springfield, EUA. Cada un dos dous equipos está formado por cinco xogadores. Ten como obxectivo pasar a pelota por dentro dunha cesta colocada nas extremidades da pista. Actualmente pode xogarse tamén en pistas ao ar libre. Neste deporte pódense facer os cambios de xogadores que o adestrador estime necesarios. As posicións máis comúns dos xogadores son: base, escolta, aleiro, ala-pivot e pivo (pivot). O xogador máis importante é o base, xa que ten a función de dirixir o xogo. Os aros que forman as cestas colócanse a unha altura de 3 metros e 5 centímetros. Os xogadores poden camiñar na pista sempre que boten (botan contra o chan) a pelota a cada paso dado. Tamén é posíbel dar un pase, ou sexa, lanzar a pelota en dirección a un compañeiro de equipo. Cesta ou canastra é o nome dado comunmente ao tiro de facer a pelota pasar por ese aro; entón márcanse puntos:
Unha grande habilidade no baloncesto (basket en inglés) é a puntaría certeira. Polo tanto, os equipos deben facer puntos sempre do mesmo lado - é a media pista de ataque - e defender a cesta oposta - na media pista de defensa. Obviamente o equipo que defende tenta impedir o equipo que ataca de facer a canastra, a través da marcación, da interceptación de pases ou ata mesmo do bloqueo ao lanzamento. No entanto, os contactos máis fortes púnense como falta. Se o xogador fixer cinco faltas, debe ser substituído e non pode voltar á pista. A partir da cuarta falta colectiva dun equipo, o equipo adversario ten dereito a tiros libres toda vez que sufrir falta. En caso de que estea no acto do lanzamento e a pelota entre na cesta, terá dereito a un tiro libre. No caso de a pelota non entrar na cesta, terá tantos tiros-libres como o valor do lanzamento tentado ao sufrir a falta. Actualmente o basket internacional atópase organizado na FIBA - Federación Internacional de Baloncesto. A súas determinacións valen para todos os países onde se xoga o basket, excepto para a liga profesional de basket dos EUA, a NBA, que mantén regras propias un pouco diferentes das internacionais. A expectativa é que as dúas entidades aproximen cada vez máis os seus regulamentos. Para xogos regulamentados pola FIBA, o tempo de xogo oficial é de 40 minutos, divididos en catro períodos iguais de 10 minutos cada un. Entre o 2º e 3º períodos, hai intervalo de 15 minutos, e invértense as pistas de ataque e defensa dos equipos; logo, cada equipo defende en dous períodos cada cesta. Ao contrario doutros deportes colectivos, non hai sorteo para definir quen ten a posesión de pelota no comezo do xogo: a pelota lanzase para cima por un árbitro, e un xogador de cada equipo (naturalmente o máis alto) colócase para saltar e tentar obter a posesión. Non se permite saír dos limites da pista, e nos xogos oficiais tamén non se permite que o xogador leve a pelota para a pista de ataque e retorne para a pista de defensa. Alén diso, hai tamén unha limitación de tempo (24 segundos) para facer a cesta, e a prohibición de que o atleta salte e retorne ao chan coa posesión de pelota, sen executar lanzamento ou pase. As faltas cóbranse da lateral de pista, así como as demais violacións; no entanto, en caso de que un equipo cometa máis de 4 faltas nun período, as faltas do adversario pasan a cobrarse na forma de tiro libre: o xogador colócase nunha liña a 4,60 metros da cesta e lanza sen a marcación dos rivais. O tiro libre tamén se cobra cando un xogador sofre falta no momento en que está tentando un lanzamento - independentemente do número total de faltas do equipo adversario. Alén da NBA, que se considera unha liga moi emocionante e espectacular, o principal torneo de clubs de basket é a Euroliga. Se dun lado a NBA conta cos xogadores de maior poder defensivo e de forza, a Euroliga conta con xogadores máis cerebrais e técnicos. Xa entre as seleccións, o torneo máis importante aínda é o Olímpico. O baloncesto en cadeira de rodas é unha modalidade bastante coñecida entre os deportes para persoas discapacitadas. O Mini Baloncesto é a forma de disputa do deporte para nenos con menos de 12 anos. Foi desenvolvido como unha forma divertida de descubrir o basket. Algunhas regras son diferentes do baloncesto tradicional. A altura da cesta (do aro ata o solo) é de 2,60 m. O tempo de xogo recomendado pola FIBA é de 2 (dous) períodos de 20 minutos; no entanto, algúns Estados crían adaptacións a esta regra visando un maior desenvolvemento do xogo. No Río de Xaneiro, por exemplo, úsanse 3 (tres) períodos de 5 minutos. Xa en San Paulo se empregan 2 (dous) períodos de 7 minutos. Tamén como recomendación da FIBA, visando a participación do maior número de xogadores, existe unha regra referente á substitución de atletas: "cada xogador debe xogar no mínimo en dous períodos, excepto aqueles que tiveren sido substituídos por lesión, descualificación ou que teñan cometido 5 faltas persoais." Esta regra tamén sofre adaptacións nalgúns Estados. Outra gran diferenza cando se compara co baloncesto tradicional obsérvase ao final do xogo, en caso de que o partido presente empate, este é o resultado final, non se debendo xogar ningunha prorrogación.
Obxectivo do XogoO obxectivo do xogo é introducir a pelota no cesto do equipo adversario (marcando puntos) e, simultaneamente, evitar que esta sexa introducida no propio cesto, respectando as regras do xogo. O equipo que obtiver máis puntos no fin do xogo vence. A competición é dirixida por:
PosiciónsSon usadas, xeralmente, no basket, tres posicións: alas, pivos e armador (ou base). Na maioría dos equipos temos dous alas, dous pivos e un armador. Armador ou base é como o cerebro do equipo. Arma as xogadas e xeralmente comeza coa pelota. Alas ou extremos xogan polos cantos. A función do ala muda bastante. El pode axudar o armador, ou facer moitas cestas. Pivos ou postes son, na maioría das veces, os maiores do equipo. Coa súa altura, pegan moitos rebotes, fan moitas enterradas e bandexas, e na defensa axudan moito cos tocos. Regulamento (FIBA)
Recinto de xogoO recinto oficial de xogo é unha superficie rectangular con 28 metros de lonxitude (liñas laterais) e 15 metros de largura (liñas finais), limitado por dúas liñas laterais e dúas liñas de fondo. Xunto a cada liña final está colocada unha táboa, onde se fixa o cesto, que se atopa colocado a 3,05 metros do solo. A medición faise a partir do bordo interior das liñas limite. A superficie do campo é dura, rectangular, plana e sen obstáculos. HistoriaO primeiro xogoO primeiro xogo de Baloncesto disputouse en 20 de xaneiro de 1892 e visto apenas por funcionarios da ACM. O 11 de marzo aconteceu un xogo coa presenza de público externo. Duascentas persoas viron os alumnos venceren os profesores por 5 a 1 . A novidade ficou confinada na ACM por dous anos, ata que a Unión Atlética Amadora formalizou as regras. A primeira partida de basket feminino aconteceu en 4 de Abril de 1896. A Universidade de Stanford vencer a Universidade da California. A primeira pelota de basketEn 1894, a empresa Chicope Falls, de Springfield, Massachusetts, produciu a primeira pelota específica de basket. Antes, era usada unha de fútbol. Termos e xestos técnicosAsistenciaAsistencia é un pase certeiro que atopa outro compañeiro de equipo, libre de marcación, e acaba convertido nunha cesta. Para os americanos, o xogador que fai asistencias é tan ou máis importante que o xogador que marca máis puntos. Drible
PaseO pase ten como obxectivo a colocación da pelota nun compañeiro que se atope en mellor posición, para a criación de situacións de finalización ou para a progresión no terreo de xogo. Existen varios tipos de pase: peito, picado, por cima con 2 mans, lateral con 1 man, por tras das costas, etc.
O resalto da pelota terá un obxectivo común ao do pase de peito, isto é, a man branco do colega ou as zonas próximas do peito.
Xogadores famososEstadounidenses
Non estadounidenses
Véxase taménLigazóns externas
Article keywords: baloncesto del reglas, baloncesto de madrid real, baloncesto cancha de, baloncesto del en historia puerto rico, baloncesto el, baloncesto en puerto rico, baloncesto campamento usa, baloncesto reglas, baloncesto de reglas, |
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.