|
Article on other languages:
|
Auriga (o condutor da carroza ou cocheiro) é unha constelación do hemisferio norte. A súa localización é bastante sinxela: basta con mirar por riba de Orión. Vese un pentágono de estrelas brillantes, entre as que destaca Capella (α Aurigae).
Estrelas principais
Obxectos Notables do espazo profundo
Visualización gráficaAs estrelas da constelación de Auriga poden ser conectadas dunha forma alternativa, a cal amosa graficamente á cabeza do auriga levando un pucho e mirando cara Perseus. As estrelas α Aur (Capella), β Aur, θ Aur, ι Aur, e ε Aur forman a cabeza do auriga: con α Aur de magnitude cero, β Aur con magnitude dúas, e o resto con magnitude tres. Star α Aur pode ser vista coma o ollo do auriga, onde a estrela ι Aur representa o queixo. As estrelas β Aur, δ Aur, e α Aur forman o pucho do auriga, con δ Aur na punta do pucho. Finalmente, as estrelas α Aur, ε Aur, ζ Aur, e η Aur forman o nariz: sendo η Aur de terceira magnitude. MitoloxíaEsta constelación ten varias versións da súa orixe na mitoloxía grega: Nunha, tratase de Mirtilo, fillo de Hermes e de Fetusa, cocheiro de Enómao. A filla deste último, Hipodamia, tiña moitos pretendentes pero o seu pai, para desfacerse deles, retábaos a unha carreira de carros. O que non sabían os seus contrincantes era que os seus cabalos eran divinos e sempre gañaban. O castigo pola derrota era a morte. Un día presentouse Pélope, de quen Hipodamia namorouse inmediatamente, e xuntos subornaron a Mirtilo para que perdera a carreira. O auriga cambiou os cravos de ferro do carro do rei por uns de cera, de forma que durante a carreira estes soltáronse e o carro quedou desfeito. No accidente Enómao morreu arrastrado polos cabalos. Despois da vitoria, Pélope matou a Mirtilo ó tiralo no mar e o auriga na súa caída maldiciu á raza de Pélope. Hermes púxoo no firmamento. Outra versión relata que representa a Erictonio, nado do seme de Hefesto que fecundou a Gea cando tentou violar a Atenea. O neno foi educado por Atenea, inventou a cuadriga e foi catasterizado por Zeus a causa da súa admiración porque Erictonio competira con Helios. Noutras versións identificábase esta constelación con Tróquilo, Enómao, Belerofonte, Cilas ou Hipólito. Véxase taménLigazóns externas
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.