Na natureza nunca se atopa en estado puro, senón mesturada con minerais e outras moitas substancias.
É a base de todo organismo pluricelular, polo que a existencia de auga está intimamente relacionada coa de vida. A maior parte dos animais e vexetais conteñen unha alta porcentaxe de auga, e son poucas as especies que poden sobrevivir nos lugares onde esta é escasa (desertos e outras zonas áridas).
Pode atoparse como auga doce (en ríos, lagos, e montañas), ou como auga salgada nos mares e océanos. A auga ten un importante papel tanto en múltiples ámbitos: en bioloxía debido á xa mencionada importancia para a vida, en química pola súa composición e por ser unha molécula bipolar e de pH neutro, en xeoloxía polo seu importante papel na erosión das rochas,...
A 0ºC (273 aproximadamente na escala Kelvin) atópase en estado sólido como xeo, e ferve a aproximadamente a 100ºC. O punto de xeación espontánea atópase preto dos 233 graos Kelvin. Na natureza pode atoparse tanto en estado sólido como líquido e gasoso, pasando dun estado a outro nun ciclo continuo.
Permite o movemento no seu seo das partículas disoltas (difusión) e constitúe o principal axente de transporte de moitas substancias nutritivas reguladoras ou de excreción.
Da importancia da auga na vida biolóxica e sentimental do ser humano, sobre todo nas súas orixes nas que non dispuña dela a pracer coma agora, dan conta a abundancia de topónimos. Estes son algúns exemplos espallados:
Río Guadalquivir significa "río río río" ← Wad ("cauce" en árabe) + al (artigo determinado árabe) + quivir (supostamente do íbero ibr, "agua", coma Ebro, Iberia, etc.); o mesmo con moitos topónimos que comezan por Guad-: Guadiana, Guadalix, Guadalete, Guadalhorce, Guadiamar del Segura, Guadalajara, Guadarrama (do árabe "río de arena"), etc. Co segundo termo íbero: Alcazarquivir.
Aquisgrán (Alemaña), do latínAquae granni, que remite ao deus celta da curación chamado Grannus. En Aquisgrán hai balnearios con mananciais curativos, e de aí pode provir a orixe do nome.