|
Article on other languages:
|
A Arnoia é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Ribeiro. Segundo o Padrón municipal de habitantes, no ano 2007 tiña 1.171 persoas, deles 24 estranxeiros. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é Arnoiao. Ten un gran bosque de sobreiras de máis de mil hectáreas no seu extremo suroriental estremando co concello de Cartelle, nas beiras do río Arnoia á altura da minicentral eléctrica. Ás veces chegan peladores furtivos portugueses a sacar a cortiza, xa que o aproveitamento local tradicional abandonouse hai anos.
XeografíaO concello localízase na xunta do río Arnoia, que divide ao concello en dúas partes, co Miño. A zona noreste do concello é a máis escarpada, e é aí onde se localiza o Coto de Novelle (712 m), mentres na zona sueste, que forman os vales de Santo Amaro, San Vicente e Remuiño, ten unha altura media de só 80 m. HistoriaDurante a Idade Media A Arnoia pertenceu ao mosteiro de Celanova dende a súa fundación. ArquitecturaA igrexa parroquial de San Salvador da Arnoia é de orixe románica, pero foi reconstruída en 1612 e case nada permanece da edificación orixinal. Lugares da ArnoiaPara unha lista completa de todos os lugares do concello da Arnoia vexa: Lugares da Arnoia. Galería de imaxes
ParroquiasHai anos o concello compúñase de tres parroquias: A Arnoia, Remuiño e Sande, máis tarde quedaron reducidas a dúas: A Arnoia e Remuiño, e desde hai pouco todo o concello forma unha única parroquia.
Véxase tamén
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.