|
Article on other languages:
|
Aries (o carneiro, símbolo
Estrelas principais
Obxectos Notables do espazo profundo
Visualización gráficaAs estrelas da constelación Aries poden ser conectadas dun forma alternativa, coma graficamente indica o carneiro que está correndo (ou saltando). A cabeza do cordeiro está formada polas estrelas α Ari, λ Ari, e β Ari: sendo α Ari de segunda magnitude e beta Arietis de terceira magnitude. O corpo do carneiro consiste nas estrelas α Ari, η Ari, ε Ari, 41 Ari, e 35 Ari: ε Ari e 41 Ari son de cuarta magnitude. O rabo do carneiro está formado polas estrelas 35 Ari, 41 Ari, e 39 Ari. A estrela γ Ari, de cuarta magnitude, representa as patas de adiante, e a estrela δ Ari, tamén de cuarta magnitude, representa as patas de atrás. MitoloxíaFrixo e Hele son fillos de Atamante, rei de Tesalia e de Néfele. Tras quedar viúvo, Atamante volta a casarse con Ino. Anos despois o reino sofre unha etapa de fames e a raíña decide sacrificar ós irmáns para rematar con esa desgraciada época. Hermes salva ós nenos entregándolles un carneiro alado, coa lá ou vélaro de ouro, e dotado do don da fala. Os nenos parten enriba del rumbo a Asia, salvando a vida. Durante a viaxe Hele cae ó mar e afoga, dando o seu nome a esa rexión mariña, que pasará nomearse Helesponto. Frixo chega á Cólquida, onde o seu rei Eeteso adopta e concedelle en matrimonio a súa filla Calcíope. En agradecemento a Eetes, Frixo sacrifica o carneiro e ofrécelle o vélaro ó rei, quen o consagra a Ares e cólgao dunha anciña nun bosque adicado ó deus, gardado por un descomunal dragón e rodeado por campos onde pastan enormes touros salvaxes. Segundo algúns, Aries é unha constelación de pouco brillo porque o vélaro de ouro do carneiro ficou na Cólquida. Véxase taménLigazóns externas
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.