|
Article on other languages:
|
Debuxo da Argo Navis por Johannes Hevelius
Argo Navis foi (e, en certo sentido, segue a ser) unha extensa constelación no hemisferio sur celeste, que representaba o navío no que viaxaron Xasón e os Argonautas na mitoloxía grega. Esta é la única constelación descrita por Claudio Ptolomeo que no se recoñece na actualidade. Polo seu gran tamaño (uns 1.884 graos cadrados, máis que ningunha outra), foi dividida en varias constelacións menores por Nicolas Louis de Lacaille no século XVIII: estas son Carina (a Quilla), Puppis (a Popa), Vela (a Vela). Esta última ocupa o lugar que correspondería ó mastro do navío. Estrelas importantes de Argo NavisArgo Navis foi dividida por Lacaille moitos anos despois de que Johann Bayer lles aplicara o seu sistema para nomea-las estrelas, nos nosos días continúa usándose a súa secuencia, aínda que hoxe en día xa non é recoñecida coma constelación. E dicir, Vela, Puppis e Carina, as constelacións derivadas deste extenso asterismo, comparten unha mesma designación de Bayer. É por esto que tanto Vela coma Puppis carecen de estrelas alfa e beta porque Alfa (α) e Beta (β) Argus Navis corresponden hoxe en día a Alfa e Beta Carinae. Carina, pola súa parte, carece de estrela gamma porque Gamma (γ) Argos Navis hoxe en día corresponde a Gamma Velorum (pertencente a Vela). e así sucesivamente. Pyxis, a diferenza das outras tres, ten estrelas con designación alfa, beta, gamma e demais, aínda que ás súas estrelas pertenceron antigamente á mesma constelación de Argo Navis. Esto debese a que, en tempos de Bayer, as estrelas que agora deliñan a Pyxis —todas de pouco brillo— non se atopaban entre as que trazaban a figura do navío. Cando Lacaille a crea no 1756 é, entón, cando ás súas estrelas reciben a designación correspondente. Véxase taménPara ve-las referencias ó mito do navío, ir a: Para ve-las referencias, artigos e constelacións nas que foi dividida á antiga constelación de Argo Navis, ir a:
Ligazóns externas
|
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.