Antigo Exipto

Article on other languages:

del.icio.us del.icio.us
Digg Digg
Furl Furl
Reddit Reddit
Rojo Rojo
Add to OnlyWire
Mapa do Antigo Exipto

O Antigo Exipto foi unha civilización agrícola asentada no Val do Nilo, entre a Primeira catarata e o Mar Mediterráneo entre o IV Milenio adC e a época romana.

Marco xeográfico

Principalmente, dende o delta no norte seguindo o val do río Nilo ata a Primeira Catarata (Asuán), na Baixa Nubia, aínda que as fronteiras variaron constantemente ao longo de trinta e tres séculos. Egipto é un oasis no medio dos desertos de Libia e Arabia. As inundacións periódicas do Nilo fecundan as terras exipcias. Distínguense en Exipto tres rexións, de sul a norte:

Historia

Artigo principal: Historia do Exipto Antigo

O antigo pobo exipcio estaba formado por dúas etnias principalmente: os camitas (do Val do Nilo) e os semitas (procedentes da Palestina). Exipto dividíase administrativamente en 22 nomos ou provincias no delta e outros 20 no resto do trascurso do río.

A unidade do reino é atribuída ao rei Menes, que uniu o Alto e o Baixo Exipto e fundou a cidade de Menfis. Os periodos máis destacados son:

  1. Imperio Antigo: capital en Menfis, dez primeiras dinastías.
  2. Imperio Medio: capital en Tebas, dinastías da X á XVIII.
  3. Imperio Novo: ata a dinastía XXI.
  4. Periodo Saíta: con capital en Sai, dinastías da XXI á XXVI.

Logo veñen a dominación persa, a helénica de Alexandre Magno que instala aos Ptolomeos (considerados faraóns), e a conquista romana. Déixase de falar de Antigo Exipto coa súa inclusión no Imperio Romano de Oriente.

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:


This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.