|
Article on other languages:
|
Ano luz é unha unidade de lonxitude, utilizada en astronomía, que corresponde á distancia percorrida no vacuo pola luz durante un ano. Máis precisamente, é a distancia percorrida por un fotón no vacuo a unha distancia infinita de calquera campo gravitatorio ou magnético, nun ano (Ano Gregoriano Medio) e a unha velocidade de 299.792.458 m/s. Para calcular o valor en quilómetros de 1 ano luz, utilizando a velocidade indicada (299.792.458 m/s) e como tempo un Ano Gregoriano Medio (ver Calendario gregoriano) con 365,2425 días. Así temos que o ano luz mede 9.460.536.207.068,016 km (aproximadamente 9,46 billóns de quilómetros); ou tamén 63.241 unidades astronómicas (UA). Outras unidades empregadas para medir distancias espaciais son o Parsec (equivalente a 3,26 anos luz) e mais o Segundo luz. Feitos Varios
Como a nosa galaxia ten 100.000 anos luz de diámetro, unha nave espacial hipotética, viaxando próxima á velocidade da luz, precisaría de pouco máis de 100.000 anos para cruzala. Mentres que, iso só é verdade para un observador en repouso con relación á galaxia; a tripulación da nave espacial faría esa viaxe en apenas algúns minutos. Iso por causa da dilatación temporal dos reloxos en movemento explicada pola teoría da relatividade espacial. Por outro lado, a tripulación vería unha contracción da distancia da galaxia: do punto de vista deles, a galaxia aparentaría moi curta. Vexa Tamén |
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.