|
Article on other languages:
|
O anarquismo é un termo amplo que abrangue desde teorías políticas a movementos sociais que avogan pola abolición do Estado como autoridade imposta e detentora do monopolio do uso da forza, dun modo xeral, os anarquistas están contra calquera tipo de xerarquía, defendendo unha forma de organización horizontal e libertaria, redistribuindo o poder entre os propios gobernados. A palabra anarquismo deriva da raíz grega an (non, sen) e archos (gobernador). A propia definición adoptada pola maioría dos dicionarios, mostra a deturpación etimolóxica que a palabra anarquismo sofreu no tempo. Unha das visións tópicas sobre o anarquismo é o que, en realidade, se denomina "anomia", ou sexa, ausencia de leis. O anarquismo non se relaciona coa práctica da anomia. Os anarquistas rexeitan esta denominación, e o anarquismo en canto teoría política nada ten a ver co caos ou a vagancia.
Variantes ideolóxicasExisten distintos grupos que teñen comprensións diferentes en canto á abolición do goberno e tamén á mantemento desa orde:
Socialismo libertarioOs anarquistas socialistas libertarios acreditan que a función de calquer goberno é o mantemento do dominio dunha clase social sobre outra. Eles acreditan que, no sistema capitalista, o Estado mantén a desigualdade social a través da forza, ao garantir a uns poucos a propiedade sobre os medios de subsistencia de todos. Esta teoría clama por un sistema socialista, onde a posesión dos medios de produción garántaselle a todos os que traballan. Neste sistema, non habería necesidade de ningunha autoridade e/ou goberno, visto que non habería necesidade de impor privilexios dunha clase sobre outra. A sociedade dirixida por asociacións democráticas, formadas por todos, e dividíndose libremente (ou sexa, con entrada e saída libre) en cooperativas e estas, en federacións. A orixe da tradición socialista libertaria está nos séculos XVIII e XIX. Tal vez o primeiro anarquista (aínda que non usara o termo en momento ningún) foi William Godwin, inglés, que escribiu varios panfletos defendendo unha educación sen a man do Estado, observando que esta tornaba as persoas menos propensas a ver a liberdade que lles era negada. O primeiro a se auto-intitular anarquista e a defender claramente unha visión máis socialista, foi Joseph Proudhon, seguido por Bakunin que levou e elaborou as ideas de Proudhon á primeira Asociación Internacional de Traballadores (AIT). Máis tarde, Kropotkin desenvolve a vertente comunista do anarquismo, encanto Nestor Makhno tenta implantar o anarquismo en plena revolución rusa na Ucraína, con apoio de varias comunidades campesiñas, mais que acaban masacradas polos revolucionarios leninistas e trotskistas. (ver Godwin, Proudhon, Bakunin, Kropotkin, Makhno, etc). Poucos anarquistas defenden a violencia contra individuos. Durante o fin do século XIX e inicio do século XX, o anarquismo era coñecido como unha ideoloxía que apoiaba os asasinatos e explosións, debido a ación de persoas como o ruso Nechaiev, o francés Ravachol e á influencia dos medios de comunicación da época. A maioría dos anarquistas afirman que a violencia contra individuos é inútil, xa que mantén intactas as relacións sociais de exploración e as institucións que a mantén. Entretanto, os anarquistas acreditan ser inevitable o recurso á violencia como lexítima defensa á violencia do Estado ou de institucións coercivas. Anarquistas como Errico Malatesta publicaron célebres debates e publicacións, condenando o individualismo-terrorista de algúns anarquistas. Existiron, porén, outros anarquistas, como Tolstoi, que acreditaban que o camiño da anarquía era a non-violencia. Tólstoi, inclusive, mantivo contato con Gandhi. AnomiaA idea popular de anarquismo como absoluto caos e desorden, que os estudiosos chaman de anomia (ausencia de normas) é rexeitada por todos anarquistas tradicionais citados anteriormente. Os anarquistas conceben os gobernos como as actuais fontes de desordes defendendo, polo tanto, que a sociedade estaría mellor ordenada sen eles. Esta convención ten fortes conotacións e historicamente ten sido usadas como unha deficiencia por grupos políticos contra seus oponentes, máis notabelmente os monárquicos contra os republicanos nos últimos séculos. Entretanto, a anomia ten sido abrazada por movementos de contracultura. Internacionalmente coñecidos
Véxase taménOutros artigos
|
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.