|
Article on other languages:
|
A ambigüidade na pragmática existe cando unha forma ten dous ou máis significados.
Ambigüidade léxicaAmbigüidade en forma de morfema ou palabra. Dáse cando nun lexicón unha entrada permita máis dunha interpretación para unha soa palabra, é dicir, dáse cando unha mesma palabra admite dous ou máis significados distintos. Ofrece problemas de comprensión ó receptor, a única solución é recorrer ó contexto ou á situación. HomonimiaAs palabras soan igual pero os seus significados son diferentes. Hai unha coincidencia gráfica de dous ou máis palabras que teñen significados distintos. Prodúcense por coincidencia dos significantes de diversos signos.
HomófoníaPalabras que se pronuncian igual pero a súa escrita e os seus significados son diferentes.
HomógrafíaPalabras cuxa escrita e pronunciación son idénticas, aínda que os seus significados son distintos. acha (anaco de madeira), acha (verbo). Ambigüidade estruturalDáse nunha oración ou frase cando ten dous ou máis significados debido á estrutura, xa sexa polo agrupamento ou a distinta función gramatical: Ambigüidade de agrupamentoOración que ten dúas estruturas posibles, por exemplo, o seguinte letreiro: Alúgase vivenda con garaxe / para mozas / con calefacción (¿as mozas teñen que ter calefacción?) ou a secuencia Véndense zapatos de pel de señora. Ambigüidade funcionalDáse cando unha palabra ou frase completa dous ou máis relacións gramaticais, os morfemas e grupos son iguais para ambos significados: Pasarei só este verán aquí. |
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.