|
América do sur comprende a parte sur do continente americano, dende o estreito de Panamá ata a Terra de Fogo no cabo de Fornos. Polo que limita ó norte co Mar Caribe, ó leste co Océano Atlántico, ó oeste co Océano Pacífico e ó sur co Océano Glacial Antártico (Paso de Drake). O 75% do seu territorio atópase nas rexións tropicais -está atravesado polo ecuador terrestre-. Contén caseque a cuarta parte das especies animais coñecidas. A árbore máis grande é a Bertholletia excelsa ou juvia.
Visión dende o espazo do subcontinente sudamericano
Países independentes
Territorios dependentes
Medidas
Área: 17.809.000 km 2
Lonxitude de costas: 25.432 km
Asentada sobre a Placa de Sudamérica, por debaixo da cal deslízase a Placa de Nazca. Ten a súa orixe a finais da era Precámbrica, hai 570 millóns de anos.
|