|
América do Norte refírese á parte norte do continente americano. Nel sitúase a segunda illa meirande do mundo (Grenlandia), e tamén medran as árbores máis altas do mundo (secuoias) que chegan ata os 83 metros de altura con diámetros de ata 9 metros. É o subcontinente con maior consumo enerxético e a rede de transportes e comunicacións máis densa do mundo. Inclúe a maior vía acuática de comunicación (Golfo de México -> río Mississippi -> Grandes Lagos -> Canle de San Lourenzo -> Atlántico Norte).
Visión dende o espazo de América do norte
Países independentes
Territorios dependentes
Medidas
Área: 23.477.000 km 2
Anchura máxima: 6.437,3 km
Lonxitude de costa: 154.497 km
Punto máis alto: Mt. McKinley (Alasca), 6.194 m
Punto máis baixo: Val da Morte (Death Valley, EUA), -86 m
A masa está asentada sobre a Placa de Norteamérica. Comprendendo o Escudo Canadense. A masa desprendeuse de Europa e de África do norte a finais da era precámbrica, hai 570 millóns de anos.
Ver tamén
Lista de países
|