|
Article on other languages:
|
Alejandro VIII (Venecia, 22 de abril de 1610 — Roma, 1 de febreiro de 1691), papa da Igrexa Católica entre 1689 e 1691.
BiografíaOríxesO seu nome de nacemento era Pietro Vito Ottoboni. Pertencía a unha ilustre familia veneciana de orixe dálmata: foi o máis novo dos nove fillos de Marco Ottoboni, Gran Canciller da República de Venecia, e da súa esposa Vittoria Tornielli.
Estudios e actividades previasOs seus estudios foron realizados con brillantez na Universidade de Padua, onde en 1627 completou un doutorado en dereito civil e canónico. Foie a Roma durante o pontificado de Urbano VIII, que o nomeou referendario do Tribunal da Signatura Apostólica, e posteriormente governador das cidades de Terni, Rieti Spoleto. Descoñécense as circunstancias da súa ordeación sacerdotal. Cardenalato e episcopadoA petición da República de Venecia, en 1652 o papa Inocencio X creouno cardenal do título de San Salvatore in Lauro. En 1654 foi consagrado obispo de Brescia. En 1660 mudou o seu título cardenalicio polo de San Marco. Dimitiu da súa sé episcopal de Brescia en 1664. Tres anos despois o papa Clemente IX nomeouno datario da Súa Santidade. En 1677 foi investido gran inquisidor de Roma e secretario do Santo Oficio polo papa Inocencio XI. Ese mesmo ano cambiou o seu título cardenalicio polo de Santa Maria in Trastevere. Tamén como cardenal optou sucesivamente ó título de Santa Prassede (1680), e ós obispados suburbicarios de Sabina (1681), Frascati (1683) e Porto-Santa Rufina (1687). Ese mesmo ano foi elexido vice-decano do Sacro Colexio Cardenalicio. Participou nos cónclaves de 1667, 1669-1670, 1676 e 1689, resultando elexido papa neste último. Elección papalÁ morte de Inocencio XI o embaixador do Rei Luís XIV de Francia presionou ó cónclave para que elixiera a Ottoboni, xa octoxenario e a priori bastante dócil ante os propósitos franceses. Porén foi difícil alcanzar unha maioría, xa que oito cardenais estaban ausentes. Ademais, no curso da reunión outro cardenal faleceu e dous máis tiveron que abandonala por enfermidade. Despois de cincuenta días de votacións e de que funcionaran as presións e as promesas de futuro, resultou elexido por unanimidade: era o 16 de outubro de 1689. Dez días despois foi coronado papa na Patriarcal Basílica Vaticana polo cardenal Francesco Maidalchini, protodiácono de Santa Maria in Via Lata. PapadoO seu pontificado durou só un ano e catro meses, pero resultou excepcionalmente activo. Á morte do seu predecesor o tesoro pontificio estaba en condicións saneadas. Inocencio VIII invertiu a situación de bonanza: rebaixou os impostos e dilapidou as finanzas papais en dádivas á súa familia. Contravindo as prácticas do pontificado anterior, inmediatamente despois de que o elexiran papa lanzouse a un nepotismo desenfreado: en Roma rexistrouse un auténtico desembarco de Ottoboni venecianos e de achegados a estes, todos prestos a recibir cargos e prebendas. Cinguíndose ós seus familiares máis proximos, nomeou un sobriño seu, Antonio, xeneral en xefe dos exércitos dos Estados da Igrexa; a outro sobriño, Pietro, de só dezanove anos, nomeouno cardenal diácono pro illa vice de San Lorenzo in Damaso, governador de Fermo, Tivoli e Capranica, vice-canciller da Igrexa Romana, secretario de memoriais e vigario papal no territorio de Aviñón; a un terceiro sobriño, Marco, que era xorobado, colleu e, coas facultades mentais algo disminuídas, nomeouno superintendente das fortalezas e as galeras papais, e comprou para el o ducado de Fiano mediante o pago dunha auténtica fortuna. Dise que Alejandro VIII, previndo que lle quedaba pouca vida e que o seu sucesor non sería tan pródigo, instaba ós seus favorecidos a acaparar rapidamente o máximo de prebendas coa frase: Le 24 stanno per scoccare (Falta pouco para medianoite). A finais de 1690 e mediante decreto do Santo Oficio condenou 31 proposicións das máis de 200 presentadas por un grupo de teólogos xesuítas belgas, especificamente os da universidade de Lovaina, a propósito da gracia, a penitencia e da eucaristía, así como a teoría do "pecado filosófico". Tamén se opuxo ó "rigorismo" excesivo de determinadas correntes morais, contraposto ó "laxismo" que fora denunciado en pontificados anteriores. Malia o patrocino do monarca francés, condenou a declaración realizada en 1682 polo clero deste país en relación coas liberdades da igrexa galicana. Mediante a bula Inter multiciples de 1692 declarou anulados catro artigos daquela declaración, así como o dereito de regalía. Porén, Luís XIV, cunha situación política en momento crítico, conseguíu ganancias coas disposicións pacíficas do novo papa, e restituíu a este o territorio de Aviñón e do Condado Venasino, ó tempo que renunciaba ó dereito de asilo da Embaixada francesa. En compensación Alexandre VIII nomeou ó máis férvido dos galicanos, o obispo de Beauvais e embaixador de Francia ante a Santa Sé Toussaint de Forbin Janson, cardenal do título de San Agnese fuori le mura. Comprou os libros e manuscritos da raíña Cristina de Suecia para nutrir a Biblioteca Vaticana. Axudou á súa Venecia natal con xenerosos subsidios na guerra en contra dos turcos. Instituíu en China as dióceses de Pequín e Nanking. Canonizou a san Lorenzo Giustiniani, a san Xoan de Deus e a san Pascual Bailón. Convocou tres consistorios, nos que creou un total de catorce cardenais. MorteMorreu en Roma o 1 de febreiro de 1691, e está sepultado na Patriarcal Basílica Vaticana baixo un suntuoso mausoleo obra de Arrigo di San Martino. As profecías de San Malaquías refírense a este papa como Pœnitentia gloriosa (A penitencia gloriosa), cita que ó parecer fai referencia ó seu nome de pila, Pedro, pois o apóstolo Pedro é considerado o "gran arrepentido", aínda que nunha segunda lectura asóciase a cita co día en que foi elexido, consagrado a San Bruno, considerado o anxo da penitencia. Existe outra terceira explicación á cita, e é a que fai referencia a que forzou ós obispos franceses ó arrepentimento na súa Declaración do Clero de Francia Véxase taménLigazóns externas |
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.