|
Article on other languages:
|
Aikido (合気道 Aikidō) é un gendai budo, (arte marcial moderna xaponesa). Os practicantes de aikido coñécense como aikidoka. O aikido é unha arte orientada á defensa, cunha fonda base filosófica, no que o defensor redirixe o movemento e a enerxía do ataque ao seu opoñente. É unha arte marcial difícil e require anos de práctica conseguir defenderse a partir das súas técnicas que se basean en movemento fluídos e circulares. Os aikidoka afirman que o aikido é unha vía que ensina a establecer a harmonía cun mesmo e cos máis. O aikido carece de competicións. Link
|
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.