|
Article on other languages:
|
Agalega é un grupo de dúas illas do Océano Índico pertencentes a Mauricio. Ten unha extensión de 70 km² e 300 habitantes de fala crioula mauricia e relixión católica. Sitúase a uns mil quilómetros ao norte da Illa Mauricio, a 10º 24´ de latitude sur e a 56º 37´de lonxitude oeste.
XeografíaMalia pertenceren ao grupo das illas Mascareñas, as illas Agalega están situadas moi ao norte das illas principais, constituindo un pequeno arquipélago a máis de medio camiño cara ao grupo das Seixeles. As Agalega están 1.122 quilómetros ao norte da illa Mauricio. O territorio das Agalega consta de dúas illas principais (North e a South Islands) cunha área total de 27 km², localizadas na periferia oeste dun longo atol coralino. A North Island é a maior e mais poboada. Na Illa Norte de 12,5 km de lonxitude e 1,5 km de ancho está a capital Vingt Cinq e a vila de La Fourche, ademais do aeródromo. O camiño que une as diferentes localidades é coralino e areoso. Na Illa Sur, de 7 km de lonxitude e 4,5 km de ancho, tan só hai unha vila, Sainte Rite, que a Enciclopedia Británica cita como a capital. Ten unha escola a "Jacques Le Chartier", un posto de policía e un pequeno hospital. Hai unha estrada pero poucos vehículos. O punto máis alto é o outeiro de Emerez na illa do norte. O clima é quente e húmido e a temperatura media anual é de 26ºC, oscilando entre un mínimo de 22,5ºC e un máximo de 30,6ºC. Nelas habita a lagarta agalega (Phelsuma borbonica agalegae cheke), incluida na lista CITES de especies protexidas. InfraestruturasO centro administrativo da illa está situado em Vingt Cinq e está a cargo dunha empresa pública mauriciana (OIDC - Outer Islands Development Corporation). A poboación total é de preto de 300 habitantes, vivindo moi illados, xa que non se permiten as visitas ás illas (excepto en prestación de servizos). Non hai rede de auga corrente. A auga potable provén da chuvia recollida por canalóns. A auga para outros usos provén de pozos. A electricidade é producida por xeradores diesel e o seu abastecemento limítase a certas horas. O servizo de saúde componse por un oficial de saúde e unha comadroa. Médicos que veñen de Mauricio fan breves xiras ao longo do ano. Tamén reciben a visita dun maxistrado no curso do ano. As principais exportacións da illa son a copra e mailo aceite de coco, habendo tamén unhas poucas cabezas de gando. HistoriaAs illas foron coñecidas polos árabes e malaios, pero non houbo asentamentos permanentes, foron tamén coñecidas polos navegantes portugueses que facían a ruta entre Portugal e a India no século XVI. Polo que respecta ao seu nome existen tres versións:
Véxase taménOutros artigosLigazóns externas |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.