|
Article on other languages:
|
Abra é unha provincia das Filipinas na Rexión Administrativa de Cordillera, na illa de Luzón. A capital é Bangued. Nos seus 3.975'6 km², viven 209.491 habitantes (2000), o que representa 53 h/km². LinguasIlocano, Itneg, Kalinga e Tagalo. RelixiónOs ilocanos son católicos, os Itneg e Kalinga manteñen as súas relixións tradicionais. HistoriaEn 1599, os agustinos foron os primeiros occidentais en se estableceren no territorio. Na Revolta de Silang 1762 - 1763, Abra xogou un importante papel como o último lugar de resistencia da heroína ilocana, Gabriela Silang, ata a súa captura polos españois. |
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.