|
Article in other languages:
|
1963 < 1964 < 1965
Acontecementos
Xaneiro
Febreiro
- 1 de febreiro - En EE. UU., os Beatles alcanzan por primeira vez o primeiro lugar nas listas discográficas, coa canción I Want to Hold Your Hand.
- 2 de febreiro - A sonda estadounidense Ranger VI chega á Lúa, pero non consegue retransmitir imaxes a causa dunha avaría na cámara.
- 2 de febreiro - Detención de sete activistas do Partido Nacionalista Vasco.
- 3 de febreiro - En Nova York (EE. UU.) en protesta contra a discriminación racial nas escolas, grupos de negros e portorriqueños boicotean as escolas públicas.
- 6 de febreiro - O goberno socialista cubano córtalle a auga á base naval estadounidense de Guantánamo como resposta ao secuestro de catro barcos de pesca cubanos ante as costas de Florida (o 2 de febreiro).
- 7 de febreiro - En Jackson (Misisipi, EE. UU.) un xurado non se pon de acordo no veredicto contra Byron De La Beckwith polo asasinato de Medgar Evers (en xuño de 1963).
- 7 de febreiro - O inmunólogo estadounidense Thomas Marchioro informa de que o soro antilinfocitos obtido de cabalos mitiga a reacción de rechazo dos transplantes de ril.
- 7 de febreiro - Un incendio asola unha gran parte das illas australianas de Tasmania e causa 52 mortos.
- 7 de febreiro - The Beatles chegan por primeira vez a Nova York.
- 7 de febreiro - A diocese de León cede ao INI o convento de San Marcos.
- 9 de febreiro - En EE. UU., The Beatles e Richard Terrance McDermott (corredor olímpico estadounidense) aparecen por primeira vez en The Ed Sullivan Show.
- 9 de febreiro - En Innsbruck (Austria) conclúen os Xogos Olímpicos de Inverno.
- 9 de febreiro - Anúnciase oficialmente o compromiso matrimonial entre o príncipe español Carlos Hugo de Borbón-Parma e a princesa holandesa Irene de Orange-Nassau.
- 11 de febreiro - En Chipre, tropas gregas e turcas combaten en Limassol.
- 11 de febreiro - O goberno de Taiwán corta relacións diplomáticas con Francia, debido a que os franceses recoñeceron á República Popular China.
- 13 de febreiro - Asínase un acordo pesqueiro e comercial entre España e Mauritania.
- 15 de febreiro - En Barcelona, gran éxito da obra teatral María Rosa, de Ángel Guimerà, interpretada en catalán pola compañía de Núria Espert.
- 17 de febreiro - En EE. UU., en Wesberry v. Sanders (376 US 1 1964), a Suprema Corte declara que os distritos congresais deben ter aproximadamente a mesma poboación.
- 18 de febreiro - O goberno de EE. UU. pide explicacións ao goberno español acerca das relacións que mantén con Cuba.
- 19 de febreiro - Paul Simon escribe The Sounds of Silence.
- 19 de febreiro - Georgios Papandreu xura o cargo de presidente de Grecia ante o rei Paulo I.
- 19 de febreiro - Recóbrase o cadro de Rubens Cabezas de negros, que fora roubado do museo de Bruxelas.
- 21 de febreiro - No teatro Reina Victoria (de Madrid) estréase Nos venden el piso, de Alfonso Paso.
- 28 de febreiro - En Estambul (Turquía) Turgut Erenerol é nomeado segundo patriarca da Igrexa Ortodoxa Turca, co nome de Eftim II.
- 29 de febreiro - O presidente estadounidense Lyndon Johnson anuncia que creou un avión (o A-11), capaz de voar a máis de 3200 km/h a máis de 20 km de altura.
Marzo
Abril
Maio
Xuño
Xullo
Nacementos
- 7 de xaneiro - Nicolas Cage, actor estadounidense.
- 27 de xaneiro - Bridget Fonda, actriz estadounidense.
- 15 de febreiro - Chris Farley, actor estadounidense (m. 1997)
- 18 de febreiro - Matt Dillon, actor estadounidense.
- 9 de marzo - Juliette Binoche, actriz francesa.
- 18 de marzo - Rozalla, cantante de Zambia
- 30 de marzo - Tracy Chapman, cantante estadounidense.
- 7 de abril - Russell Crowe, actor neocelandés
- 25 de abril - Hank Azaria, actor estadounidense.
- 26 de maio - Lenny Kravitz, guitarrista estadounidense.
- 15 de xuño - Courteney Cox, actriz estadounidense.
- 9 de xullo - Courtney Love, cantante e actriz estadounidense.
- 26 de xullo - Sandra Bullock, actriz estadounidense.
- 2 de setembro - Keanu Reeves, actor estadounidense.
- 26 de setembro - Nicki French, cantante británica.
- 30 de setembro - Monica Bellucci, actriz italiana.
- 10 de novembro - Magnus Scheving, produtor de televisión islandés
- 11 de novembro - Calista Flockhart, actriz estadounidense.
- 16 de novembro - Diana Krall, pianista de jazz canadense.
- 25 de novembro - Mark Lanegan, músico estadounidense.
- 4 de decembro - Marisa Tomei, actriz estadounidense.
- 19 de decembro - Arvydas Sabonis, baloncestista lituano.
Mortes
- 1 de xaneiro – Bechara El Khoury, presidente de Libano (n. 1890)
- 2 de xaneiro - Pío Fonty Quer, botánico español.
- 21 de febreiro - Luis Martín-Santos, escritor español. (n. 1924).
- 5 de abril - Douglas MacArthur, militar estadounidense.
- 29 de abril - Wenceslao Fernández Flórez, escritor galego en castelán.
- 21 de maio - James Franck, físico alemán, premio Nobel de Física en 1925.
- 27 de maio - Jawaharlal Nehru, primeiro presidente da India (1947-1964).
- 3 de xullo - Arturo Souto, pintor galego.
- 14 de outubro - Ramón Suárez Picallo, político galego.
- 17 de decembro - Victor Franz Hess, físico austríaco, premio Nobel de Física en 1936.
Outros
Historia ano a ano
Questions for article: 1964 mustang, alessandro bollati, civil right act, civil right act kennedy, 10 de junio de 1971 en mexico y el new york times, 1964 a jogalkotásban, 1964 chevy impala, 1964年9月8日是何星座, 25 desember 1964 en flodbølge i india 7000 omkommer, კროუფუტ ჰოჯკინი, billboard charts, 1964 beatles, 1st 5 spots
|