Ásatrú

Article on other languages:

del.icio.us del.icio.us
Digg Digg
Furl Furl
Reddit Reddit
Rojo Rojo
Add to OnlyWire
Traballo en progreso: Este artigo relacionado coa relixión é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa relixión que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír.
Ásatrú
Expoñentes
Sveinbjörn Beinteinsson
Stephen McNallen
Actualidade relacionada
Vanatrú
Teodismo
Termos relacionados
Etenismo
Neopaganismo

Ásatrú (Asa-Trú. Literalmente, Fiel ou Lealdade aos Deuses) é a recreación moderna da antiga relixión precristiana do Centro e Norte de Europa. Esta relixión tamén é coñecida como Norsk Sede (Tradición Nórdica), Forn Sede (Antiga Tradición), Vanatrú (o culto a deuses Vanir), Vor Sidr (A nosa tradición), Teodish (Fe Anglosaxoa),ou Odinismo.

Ásatrú é un movemento espiritual orixinado o 16 de maio de 1973 en Islandia polo poeta Sveinbjörn Beiteinsson. Este fundou o grupo Ásatrúarmenn ('Os homes que confía nos deuses'), actualmente chamada Ásatrúarfélagið ('Asociación dos que confían nos deuses'). Esta corrente espiritual busca de recuperar as tradicións e relixión de pobos nórdicos.

Esta tradición pagá baséase no culto aos Deuses Æssir e Vanir, os Elfos, Disar e os Devanceiros familiares. As cerimonias practicadas son coñecidas como Blót, unha libación comunitaria en honra dos deuses. Entre o credo relixioso inclúese elementos de folklore dedicado aos cambios e estacións da Natureza, tradicións populares, poesía tradicional, elementos espirituais e algúns de carácter máxico (Maxia Rúnica e Chamanismo Nórdico coñecido como Seidr).

Esta relixión ten diferentes modelos de reconstrución segundo a súa diferentes tendencias. A base adoita ser a partir do modelo viquingo xa que é o que contén máis información. Algúns grupos reconstruíron a partir de antigas tribos como visigodos, anglosaxóns, teutóns, lombardos, burgundios, etc.

Un dos termos para chamar a un Ásatrú é Ásatrúarmadr, pero hai un termo xenérico, Heathens (Pagáns). Durante a Cristianización do Norte de Europa, os misioneiros chamaron aos practicantes desta antiga relixión «salvaxes» (inglés moderno: Heathen / inglés medio: Hethen / inglés antigo: Hæthen / antigo alto alemán: Heidan), debido a que os últimos redutos da antiga relixión foron, precisamente, as zonas «non civilizadas», é dicir os brezales ou terras salvaxes.

O termo Ásatrú é un neoloxismo acuñado no contexto do romanticismo nacionalista do século XIX, utilizado por primeira vez por Edvard Grieg na súa ópera Olaf Trygvason, de 1870, a práctica relixiosa en si é unha reconstrución do culto ancestral dos pobos xermánicos.

Índice

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

Tradicionalistas:

Identitarios:

This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.