África

Article on other languages:

del.icio.us del.icio.us
Digg Digg
Furl Furl
Reddit Reddit
Rojo Rojo
Add to OnlyWire
Para outros usos vexa África (homónimos)
Imaxe de satélite do continente africano. NASA

África é o segundo continente en poboación e extensión, 922 millóns de habitantes ocupan 30.244.050 km², incluíndo as illas adxacentes, o que representa o 20,3% da superficie da Terra.
Os romanos déronlle o nome de Africa terra (terra dos Afri) ao norte do continente, na que estableceron a provincia romana de África. A orixe do nome pode ser o fenicio 'afar (po), a tribo Afridi da rexión de Cartago, o grego aphrike (sen frío), ou ben o latín aprica (caloroso), África coñécese popularmente como o continente negro, por ser esa a cor da maioría da súa poboación.

Índice

Xeografía

Mapa de África en 1890.

Separado de Europa polo Mar Mediterráneo, e unida á Asia polo Istmo de Suez, tén o Mar Vermello ó norleste, o Océano Índico ó leste e sur, e o Océano Atlántico ó oeste e sur. Está atravesado polo ecuador
O ponto máis ao norte é Ras ben Sakka (Marrocos) 37°21' N mentres o ponto máis ao sur é Cabo Agullas (Sudáfrica) 34°51'15″ S, entre eles hai unha distancia de 8.000 km.

O ponto máis occidental é Cabo Verde 17°33'22" W, mentres o máis oriental é Ras Hafun (Somalia) 51°27'52" E, entre eles hai unha distancia de 7400 km. África conta con 26.000 km de costa.

O relevo africano pódese considerar formado por dúas grandes altiplanicies:

  • a ecuatorial, montañosa que ocupa todo o S. e E. do continente, cunha altitude media de 1.200m., remata no macizo de Etiopía no NE.
  • a planicie do Sahara e Sudán, máis baixa, arredor de 400m. de elevación media no Sahara, que ocupa todo o centro e a maior parte do N, interrompida polos montes Ahaggar e Tibesti (máis de 3.000m)

Economía

África é o continente máis pobre do mundo, onde estan os dous terzos de portadores do virus HIV da Terra, cheo de conflitos armados tribais, con epidemias e terroríficas miserias causa o subdesenvolvemento dos países africanos. E poucos estados conseguiron ter relativa estabilidade, como África do Sur.

Despois, na súa condición de ex colonia, a maiorías dos países africanos manteñen relacións particulares co resto do mundo, e en particular coa UE; mais existe unha entidade chamada Unión Africana, unión parella á europea, da que forman parte tódolos estados do continente agás Marrocos.

Política

Na África rexistranse moitos conflitos de carácter político, como o da costa do Marfil e o do Sudán, e tamén moitas situación irregulares, como en Angola, mais pódese dicir que a maiorías dos países teñen gobernos democráticos electos. As únicas excepcións son a de Somalia, que nin sequera posue un estado organizado, Outro problema co que conta a política africana son os numerosos fraudes nas eleccións, coñecidos tanto internamente como pola comunidade internacional. Por outro lado, aínda subsisten situacións nas que o presidente ou o partido gobernamental están no poder durante decenas de anos, como son os casos da Líbia e do Cimbabue.

En xeral, os gobernos africanos son repúblicas presidencialistas, agás de tres monarquías existentes no continente: Lesoto, Marrocos e Suacilandia.

Divisións políticas

División política da África.

África está repartida en 53 países independentes, 17 dependencias e con territorios non recoñecidos. A lista dos países de África atópase no final da páxina, mais, a parte deses estados existen territorios especiais no continente.

Territorios de países non africanos

Territorios non recoñecidos

Subdivisións

As principais rexións de África e os países que as compoñen.

África Meridional

África Central

África Occidental

África Setentrional

África Oriental

Outras divisións

Véxase tamén

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:

Ligazóns externas

Lista de países africanos


Países do mundo | África
Alxeria | Angola | Benín | Botsuana | Burkina-Faso (Ex-Alto Volta) | Burundi | Cabo Verde | Camerún | Chad | Cimbabue (Zimbabwe) | Comores | Congo | Costa do Marfil | Eritrea | Etiopía | Exipto | Gabón | Gambia | Gana | Guinea | Guinea-Bisau | Guinea Ecuatorial | Lesoto | Liberia | Libia | Madagascar | Malaui | Malí | Marrocos | Mauricio | Mauritania | Mozambique | Namibia | Níxer | Nixeria | Quenia | República Centroafricana | República Democrática do Congo (ex-Zaire) | República Sudafricana (África do Sur, Sudáfrica) | Reunión | Ruanda | San Tomé e Príncipe | Seixeles | Senegal | Serra Leona | Somalia | Suacilandia | Sudán | Tanzania | Togo | Tunisia | Uganda | Xibutí | Zambia
Outros territorios

Canarias | Ceuta | Madeira | Mayotte | Melilla | Illa de Reunión | Sáhara Occidental



África

Antártida

Asia

América

Europa

Oceanía

Supercontinentes xeolóxicos

Gondwana  Laurasia  Panxea  Pannotia  Rodinia  Columbia  Kenorland  Ur  Vaalbara

Continentes míticos ou teóricos

Atlántida  Lemuria  Mu  Terra Australis

This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.